Enviado: 07.08.2009 14:34
O as de guía é un dos nós básicos que debemos aprender para poder navegar en dorna. É este nó o que utilizamos para amarrar a escota á vela, pois permite fazer unha gaza.
O as de guía soporta moita forza mais é fácil de desfacer, de aí que sexa tan práctico.
Tamén pode servirnos para facer amarres.

O primeiro é facer un lazo...

...polo que pasaremos o chicote que fique por riba...

O chicote ha de volta a pasar polo lazo

O importante deste nó é tesar ben os chicotes.

E xa podemos amarrar a escota.



