Categoría: prensa
Enviado: 05.01.2010 19:40
Buscade nas tabernas, nas perrucarías, nas librarías, no centro de saúde, na biblioteca, nas escolas... Buscade ben porque, por fin, un novo número da
Revista Dorna anda nas rúas (é xa o número 11).
Nel encontraredes grande variedade de contidos e unha presenza especial da
Escola de Navegación Tradicional, con artigos sobre os
nomes das dornas, o
galeón Rei do Mar e o
Proxecto Relinga.
Buscade, buscade!...
...e, por suposto, lede! ACTUALIZACIÓN: Xa está
dispoñíbel en PDF. Picade na foto para aceder a el. Agora si que non hai escusa para ler.