Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

Pasatempos de verán: as oito diferencias

Categoría: fotoló
Enviado: 31.08.2010 16:58

Dúas paisaxes desde o mar, dúas costas vistas desde a dorna, dúas paisaxes atlánticas, dúas liñas de mar prendidas no verde... cales son as diferencias?

http://acddorna.org/blog/upload/oito_diferencias4.jpg

A costa da Illa de Cumbrae, Escocia.

http://acddorna.org/blog/upload/oito_diferencias2.jpg

A costa en Punta Festiñanzo, Sanxenxo.
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Dornas do mundo

Categoría: fotoló
Enviado: 22.07.2010 19:40

Na ENT Dorna vén de ser organizado un grupo de investigación. O seu obxectivo é pesquisar a presenza de dornas no mundo, localizalas e incorporalas a unha base de datos coa finalidade de confirmar (ou non) as teorías carcamanas sobre a orixe desta embarcación.
Porque, a diferencia das teorías de Staffan Morling, na Arousa estamos convencidos de que foi aquí (e non nos países nórdicos ou Esposende), onde a dorna foi inventada.
A súa fasquía e sistema de construción foi levado polo mundo fóra polos atrevidos e intrépidos mariñeiros da Arousa, e non traidos aquí polos normandos.
A primeira parada da pesquisa é outra illa atlántica, a británica, onde a nosa enviada especial deu cos primeiros e exclusivos vestixios:

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas1.jpg
Un da Arousa navegando cara o norte (aínda andabamos coa vela à cruz).

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas2.jpg

Típicos carcamáns invadindo Norwich en embarcación de escarva.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Calma podre.

Categoría: fotoló
Enviado: 17.07.2010 09:53

Luis Dávila, no Faro de Vigo o Bichero, tenlle aprezo ao mar, aos mariñeiros e às embarcacións tradicionais, protagonizando todos eles, en moitas ocasións, os seus chistes.

http://acddorna.org/blog/upload/dornas_bichero_calmapodre.jpg
Para nós é calma podre, mais el chamoulle calma chicha.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

A Bandalha en Muros

Categoría: fotoló
Enviado: 15.07.2010 09:14

En aguarda de máis fotos da nosa participación nas VI Xornadas de Cultura Mariñeira de Muros, o retrato da Bandalha feito por Carmela.

http://acddorna.org/blog/upload/bandalha_muros.jpg

Branca-de-Neve a ollarse no espello
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 4
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 10:01 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous