Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

Xuntanza de galeóns en Vilanova

Categoría: actividades paralelas
Enviado: 25.07.2010 13:30

Como xa anunciamos nunha mensaxe anterior, a véspera do Día de Galicia foi un día de concentración dos galeóns dos nosos mares. En Vilanova, grazas a magnífica organización da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e a Asociación Rabandeira poidemos ver moi de preto unha fermosa exposición destas embarcacións que, ata moi pouco navegaban abondosas polas nosas rías.

http://acddorna.org/blog/upload/gale%F3ns%20en%20Vilan..JPG
Os galeóns en Vilanova

A escola aportou a este evento as súas embarcacións grandes: a xeiteira "Nova Mariña", a dorna de tope "Peza de Rabo" , a dorna "Irmandiña" e o galeón recuperado (inda que non de todo) pola ENT ,"Rei do Mar"


http://acddorna.org/blog/upload/As%20nosas.JPG
Dúas das nosas


O primeiro acto foi o recoñecemento por parte da Federación e da asociación organizadoras da labor do noso dorneiro "Maior" e compañeiro de regatas o Sr. José Paz Brión quen recibiu un galardón como premio ao seu traballo en prol da Asociación Rabandeira, á que pertence, e da Cultura Marítima Galega.


http://acddorna.org/blog/upload/V%EDctor%20e%20o%20sr.%20Jos%E9.JPG
Victor e o señor José
http://acddorna.org/blog/upload/V%EDctor%2C%20Luis%20e%20sr%2C%20Jos%E9.JPG
O señor José con Víctor, Luis e Braulio, principais protagonistas da xuntanza. Co seu empeño e, sobre todo, co seu esforzo conseguiron un éxito nesta convocatoria

Parabéns ao Sr. José!

Despois deste acto, os galeóns e demais "tipoloxías", saíron da rada rumbo a Catoira nunha ruta xacobea polo mar e polo río Ulla.
Nós saímos cos nosos barcos grandes, a Nova Marina e a Peza de Rabo, para dar ambiente á partida, mais volvimos a amarrar ao non contar con motor para remonta-lo río.


http://acddorna.org/blog/upload/P%20de%20R%20bogando.JPG
Saímos pola abra de Vilanova ...
http://acddorna.org/blog/upload/N%20Marina.JPG
... a vogar ...
http://acddorna.org/blog/upload/Tra%ED%F1a.JPG
... en perfecta coordinación...
http://acddorna.org/blog/upload/amarrando.JPG
... para voltar a amarrar no porto.


Despois dunha reunión no "salón de actos" do "Rei do Mar" decidimos ir por terra ata Catoira para reunirnos coas tripulacións dos galeóns na comida á que estábamos invitados por parte da Federación.

http://acddorna.org/blog/upload/Rei%20do%20mar.JPG
O"Rei do Mar" canda a "Irmandiña", dándose a coñecer

http://acddorna.org/blog/upload/reuni%F3n%20no%20R%20do%20M.JPG
Reunión na sala de actos do "Rei do Mar"


Nada máis chegar ao campo das torres de Catoira topámonos cunha batalla campal entre os nativos do lugar e viquingos chegados de Noruega expresamente cun obxectivo: conquistar Galicia.

http://acddorna.org/blog/upload/Batall%20catoira.JPG
Preparando a festa Viquinga de Catoira:"Morremos coa risa"

Como somos estudiados e xa sabiamos como ía acabar a historia, deixamos a viquingos e locais facendo das súas e recibimos aos galeóns para despois comer con tódalas tripulacións nunha carpa instalada en tan fermoso lugar.

http://acddorna.org/blog/upload/Os%20que%20pasaron.JPG
Algúns galeóns pasaron a ponte e amarraron no pantalán

http://acddorna.org/blog/upload/Non%20Pasaron.JPG
Os máis grandes tiveron que facelo un pouco máis abaixo


Comimos, sobre todo, polbo á feira. Despois de comer (xa sabedes como somos ) cantamos un pouco e, antes de regresar a Vilanova a polos barcos, despedímonos das tripulacións e dos galeóns no pequeno porto fluvial de Catoira.
Xa vos dixemos que comimos polbo á feira?


Unha vez no porto de Vilanova, armamos vela na "Xeiteira" e na "Peza de Rabo" e, agora si, saímos a navegar e recibir aos galeóns que dende Catoira viñan arribar de volta a Vilanova.

Dende a "Peza de Rabo" divisamos:
http://acddorna.org/blog/upload/femdeus.JPG
A "Fe em Deus" de Povoa de Varzim
http://acddorna.org/blog/upload/gale%F3n1.JPG
O "Telefónica" de Sanxenxo
http://acddorna.org/blog/upload/gale%F3n2.JPG
O galeón "Evangelina" de Rianxo


O día rematou cunha cea nun bar na praia do Terrón. Inda que non tiñan polbo á feira, conformámonos cunhas sabrosísimas sardiñas asadas, xureis e churrasco. Houbo reparto de agasallos para as embarcacións participantes e despois de cear (xa sabedes como somos) cantamos un pouco máis que na comida.

http://acddorna.org/blog/upload/ceando.JPG
Na cea

Ao saír de cear, no bar do lado, escoitamos cantareiras ao son dunha gaita e pandeiretas.
Entramos por ver que pasaba.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Xogos populares

Categoría: actividades paralelas
Enviado: 09.07.2010 11:24

Cando unhas cousas fallan, sempre hai alternativas...

O Sábado pasado quedamos moi chafados (por que non admitilo?) coa suspensión da Volta ao Mundo (ai, perdón, à Arousa). Pero iso non impediu que gozásemos da tarde... Despois de xantar en grupo, a praia da Canteira transformouse nun campo de xogos, onde puxemos en práctica a nosa memoria para lembrar normas, truques e trampas utilizadas anos pasados.

Porque a tradición non só está nas dornas e na navegación, non se nos escaparon nen a soca-tira, nen as cadeiras, nen o pano... e como acontece coas embarcacións, temos moi claro que o obxectivo debe ser divertirnos, ser un pouco máis felices: as fotos son proba diso.

http://acddorna.org/blog/upload/jogos_populares1.jpg

Preparadas as equipas para a soca-tira...

http://acddorna.org/blog/upload/jogos_populares2.jpg

Risos no xogo das cadeiras.

Máis fotos no álbum de picasa.

Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Primeira saída

Categoría: actividades paralelas
Enviado: 04.04.2010 21:43

Esta tarde, os fodechinchos nos seus barquiños de poliester paponeaban ao ver pasar a Estela, recén pintadiña, con ghana de mar, surcando as augas do Bao, da Punta do Furado e do Campelo.

Canta envexa!! :p

http://acddorna.org/blog/upload/passeio_abril1.jpg
O mar da Arousa botaba en falta o emblema de Dorna.

http://acddorna.org/blog/upload/paseio_chufre.jpg
A Estela pasou polo Chufre para lucir a pintura nova.

http://acddorna.org/blog/upload/passeio_abril2.jpg
A proba: as obras da ponte chegaron à pasante.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Presentación do libro de poemas de Susana

Categoría: actividades paralelas
Enviado: 25.10.2009 15:38

O pasado venres 23 de outubro tivo lugar, como xa tiñamos anunciado, no Mulitusos de Arousa, a presentación do libro de poesía "[de]construçom" da nosa compañeira de navegación e blogueira maior da Asociación, Susana Sánchez Aríns.
Ao acto asistiron os amig@s, compañeir@s, familiares e quen non quixeron perde-la oportunidade de escoitar á autora comenta-lo seu libro e recitar varios dos seus poemas.


http://acddorna.org/blog/upload/P1010184.JPG
Non podemos vela porque está ocupada asinando exemplares do seu libro.


Entre o público o comentario xeral foi de admiración polo xeito de recitar da nosa poetisa e pola empatía coa que sabe comunicarse.
Na presentación estivo acompañada por Rosa Herraiz Cabanas, arquitecta, autora das ilustracións do libro e compañeira de Susa no proxecto material de construir unha casa e tamén de "de-construila "despois, de xeito inmaterial, no libro que presentaron. Rosa falou da súa colaboración e explicou a xénese dalgunhas das ilustracións.


http://acddorna.org/blog/upload/P1010185.JPG
Obra poética, obra de albanelería, obra pasteleira, ... ningunha obra se lle resiste a Susa.


A velada poética complementouse coa actuación do grupo musical marinense DeZapal, onde toca Javier Blanco ( outro dorneiro da nosa Escola) que interpretou tres temas sobre tres poemas do libro de Susa.


Quen inda non teña o libro pódeo mercar na librería Castelao de Arousa
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 09:54 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous