Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

Museo do Mar de Vilaxoán

Categoría: museo
Enviado: 09.12.2009 21:21

Como Dorna é medio republicana e medio atea, pasa as pontes de constitución inmaculada a traballar, para que non se diga.
E así, as tardes do luns e do martes, houbo xuntanza en Vilaxoán para pór a punto o Espazo Expositivo. Ademais diso, o martes de mañá, levamos (por fin!!) as dornas que andaban a invernar no Bao para a nave. Como vedes, feriados completos.

As persoas que coñezades a nave de Vilaxoán e levedes unha temporada sen ir por alí, teredes unha grande sorpresa cando voltedes, porque as fotos desmerecen o que impresiona o novo espazo que habilitamos.

Nel xa están dispostas as embarcacións, de diferentes tipoloxías, que temos na asociación: a dorna polbeira, por suposto, a dorna de tope, a dorniña, o loro, a buceta, o racú, algunhas artes de pesca e até a traíña colgante, innovadora tipoloxia local.

http://acddorna.org/blog/upload/movendo.JPG

Colocando a buceta Laranha onde mandaba Patricia, a deseñadora de interiores da ACD Dorna.

http://acddorna.org/blog/upload/temporal.JPG

Temporal na costa recén pendurado da parede.

http://acddorna.org/blog/upload/tramoia.JPG

Todo ten as súas traseiras: a tramoia de todo o decorado está feita con paus, varas de portar e cabos varios (a ver quen ten a dorna completa cando comece a tempada...)
Permalink Comentarios (6) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 10:28 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous