Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

ANIVERSARIO DE A.C.D.DORNA

Categoría: asociacións
Enviado: 30.11.2008 20:28

Durante esta fin de semana celebráronse os actos conmemorativos do XXX aniversario da asociación Dorna. Houbo música, exposicións e ata un serán. Tamén os barcos tradicionais tiveron un oco na programación. O lugar da celebración foi o flamante edificio multiusos do concello e a verdade é que resultou un marco fermoso para a exposición de embarcacións. Velaí unhas imaxes que o proban.


http://acddorna.org/blog/upload/P1000742.JPG



http://acddorna.org/blog/upload/P1000743.JPG
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

ASAMBLEA DE DORNA

Categoría: asociacións
Enviado: 26.10.2008 19:01

http://acddorna.org/blog/upload/images.jpg Onte, sábado 25 de Outubro, tivo lugar unha asamblea de ACDDorna. Os temas a tratar foron o estado de contas e a apertura do proceso de elección de nova directiva. Os que estean interesados e non puideron asistir á asamblea, teñen no local da asociación (Antiga Escola de Pao) os prazos para presentación das candidaturas.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

MARITIME HERITAGE

Categoría: asociacións
Enviado: 29.05.2008 20:41


O sábado 24 de maio estivo visitando a nosa ría unha representación do Maritime Heritage, que ven sendo algo así como unha gran confederación europea de embarcacións tradicionais . A súa base estaba en Vigo, pero ese día navegaron no Hidria pola ría e ó chegar a porto fixeron unha exposición da súa asociación, intercambiando opinións con algúns directivos da Federación Galega de embarcacións tradicionais, entre os que se atopaba o seu presidente. Velaí unha imaxe des breve reunión.


http://acddorna.org/blog/upload/Maritime%20heritage2.JPG


A continuación foron ó Cantiño e observaron os nosos barcos grandes entre os que xa se atopa a Irmandiña. Pronto irán para o Bao.


http://acddorna.org/blog/upload/maritime%20heritage.JPG
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Seguinte » Última »
3 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 18.05.2013 20:33 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous