Categoría: Películas
Enviado: 07.12.2010 12:07
As nosas embarcacións seguen a estar requeridas polas cinematográficas, desta vez pola serie
PIRATAS de Tele5.Agora si que volo podemos revelar xa que xa se fixo a súa presentación oficial.
Esta serie foi rodada nos seus exteriores en paraxes de
Ponteceso e
Ortigueira.
As primeiras esceas nas que participaron foron rodadas nas praias de
Barda e
Niñóns, en
Ponteceso. Participaron a
"Noelia" e mai-la
"Laranha" ( de nome artístico "Maruxa" ) O patrón ó cargo de todo foi
Manuel Guillán. Non hai fotos da rodaxe , pero si testemuñas de que estiveramos alí para estudar o desembarco.
A continuación, as fotos das embarcacións
"Carmiña",
"Noelia" e a nosa estrela,
a buceta "Laranha" unha vez que realizaran arriscadas manobras para poder chegar á localización das esceas.
Pasando perigos
Eiquí xa pasara o apuro.
Xa, por fin, a salvo na praia Actividade frenética da rodaxe
Onde está Uxío?
Supervisando as dornas no plató
A "Laranha", ameazada
Uxío entre piratas, como peixe na augaE agora un pequeno vídeo da audaz, intrépida, temeraria baixada da buceta polos cantís de
Ortigueira, na parroquia de
Espasante:
PREME NA IMAXE As fotos de
Ponteceso son de
Marro e as da praia de
Espasante e o vídeo da baixada polo cantil, de
Xosé Piñeiro.