Enviado: 09.05.2011 16:03
Estamos en ano de aniversarios... E a escola tamén vai cumplir anos, dez exactamente.
No ano 2001 púxose a andar un proxecto que sigue vivo e que ten como obxectivo a navegación tradicional e a posta en valor dos saberes mariñeiros para ós máis nov@s e para os que non o son tanto.

Foto de Rosa García que ven na revista dos Encontros de Poio 2001. De esquerda a dereita Pili Muñiz, presidenta da ACDDorna daquela, Lino Lema, Manuel Vázquez e Uxío Allo
Dende esa data moitas son as xentes que pasaron por ela e moitas as actividades que se fixeron.
Eiquí van uns fragmentos da entrevista que se lle fixera a Uxío con motivo desta inauguración.
¿Con cantas embarcacións
arranca a Escola?: “Temos dez dornas
polbeiras- que son as características
da Illa de Arousa, e tamén unha “lancha
xeiteira”, típica da zona de Rianxo,
onde tamén se lles chama “burros”,
e para o ano, contamos con ter tamén
unha “buceta”.
- ¿Qué dimensións teñen estas
embarcacións e que características
resaltarías para a aprendizaxe?:
“As dornas polbeiras son ideais
polas súas dimensións (4.50 de eslora e
1.2 m. de manga), polas condicións de
navegación, e pola particularidade do
cambio da vela. A xeiteira, cunha eslora
de 8.5 m., empregámola como
embarcación colectiva para clases de
ventos, aparellamento, partes do
barco, coñecemento da Ría, técnicas
de navegación, cambios de vela, etc.
Tamén as bucetas son excepcionais
como embarcacións de escola, polo seu
fácil manexo. En xeral, todas as
embarcacións tradicionais son boas, os
botes polbeiros, as gamelas, os racús ou
os galeóns, son axeitados para una
escola; ademais, nós pretendemos que
os rapaces aprendan no só a manexalas,
senón a coñecelas e conservalas”.
..............
Uxío, ó final da entrevista, coméntanos
que o mellor de todo é a ilusión
con que a veciñanza da Illa está a
acoller o proxecto, e agarda que a
resposta da xente sexa comparable ó
esforzo que supuxo poñela en marcha.
“Temos traballado moito para
poñer esto a andar, agora queda ver a
resposta e como cala o proxecto na
xente”.
A inauguración foi o 15 do mes de xuño, no Cantiño. Se queredes ver unha boa reportaxe sobre este evento ide á Revista de dos Encontros de Poio 2001 .

Foto de Rosa García
As fotos foron traídas da Revista dos Encontros Poio-2001



