Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

O discurso do alcalde na inauguración dos Encontros

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 03.03.2012 15:34

A estas alturas da película, sobran os comentarios. Premede na imaxe e comprobarédelo.


http://acddorna.org/blog/upload/Pablo_alcal.JPG
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Haberá Encontros no 2013?

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 09.02.2012 09:57

http://acddorna.org/blog/upload/Illa%20de%20cortegada.jpg
Foto de J.L.Oubiña


Nesta imaxe, publicada hoxe no Faro de Vigo na sección de Arousa, aparecen membros dos Rompetimóns con invitados de navegación nos encontros de Carril-2011, a bordo do galeón Illa de Cortegada. Os Rompetimóns foron coorganizadores dos Encontros, xunto coa FGCMF e o concello de Vilagarcía. A foto acompaña a nova da convocatoria dunha xuntanza dos colectivos da FGCMF para o día 3 de marzo, sábado.

Os puntos do día, según se deduce da noticia, son;

-Folla de ruta de mobilizacións para que se pague a débeda dos encontros de Carril-2011.

-Debate sobre a viabilidade dos próximos encontros do 2013.



Eiquí tedes a ligazón do xornal

E, nesta outra, os posts do noso blog sobre as mobilizacións, escritos e medidas que se tomaron dende que este impago por parte do concello de Vilagarcía foi manifesto.

No blog da FGCMF, o estado no que se atopa o peche do X Encontro.
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()

A FGCMF no pleno de Vilagarcía

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 30.12.2011 09:28

Onte, xoves 29 de decembro, unha representación da FGCMF asistíu ó pleno do concello de Vilagarcía para volver lembrar ó alcalde a obriga de cumplir co pago da débeda que ten cos Encontros de Carril-2011.
No Faro recóllese de forma completa esta nova co titular Fole volve ignorar os encontros.

Como o pleno era de carácter extraordinario, non había punto de preguntas nin de intervencións para poder expoñer a nosa postura, inda que estivemos portando carteis nos que viña escrito " todos cumprimos co encontro menos o concello " e así indicar moi craramente que o concello de Vilagarcía é a única parte do comité organizador que non aportou o que estaba comprometido e que é responsable das consecuencias que este feito vai traer.


http://acddorna.org/blog/upload/pleno1%2029-12-2012.jpg
Imaxe de Salgado que ven no Diario de Arousa


http://acddorna.org/blog/upload/pleno_29-12-2011.jpg
Esta imaxe ven no Faro. Foto de Iñaqui Abella

A representación da FGCMF permaneceu no pleno unhas tres horas. Nun momento deste, cando se estaba a debater o presuposto e os voceiros da oposición falaron na rolda de intervencións, fixeron mención da nosa presencia e instaron ó alcalde a que cumprira co compromiso que tiña co encontro.

Na Voz de Galicia e no Diario de Arousa recollen de xeito moi breve a noticia.

A postura da FGCMF segue a ser firme e a de continuar tomando medidas para que se faga xustiza.



Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Escrito da Federación ó pleno sobre os orzamentos do 2012

Categoría: Encontros Carril2011
Enviado: 28.12.2011 17:41

Mañá, xoves 29 de decembro, vai ter lugar no concello de Vilagarcía o pleno sobre os orzamentos do 2012, a pesar de que a oposición pedía máis tempo para o seu estudo.

A directiva da FGCMF envía para este pleno un escrito no que se volve a solicitar ó goberno municipal a inclusión nestes orzamentos do que debe como parte do comité organizador dos Encontros de Carril-2011.

A estas alturas tod@s sabemos o que está a acontecer, só esperamos que este concello admita e asuma os seus compromisos.

Este é o escrito


http://acddorna.org/blog/upload/plenoVilagarcia450.jpg
Imaxe do primeiro pleno do concello de Vilagarcía en que se leu un escrito da FGCMF pola vía de urxencia, sobre a débeda do concello cos Encontros de Carril. Uns trinta membros da FGCMF acudiron vestindo camisetas da Federación. Foto de Lino Prieto


O pleno comeza ás 17h, e se podedes ir, levade as camisetas da federación da outra vez ou ben algunha que teñades dunha cor similar.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 7
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 13:50 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous