Enviado: 27.11.2011 23:25
Non houbo que esperar moito para poder escoitar ó grupo de música tradicional da ACDDorna na cea do sábado.

A xente non parecía ter présa en sentarse á mesa, o que aproveitaron Paco, David, Santi, Noa e Lino para ir afinando gaitas, situarse detrás de cadanseu instrumento e así dar comezo á cea de fin de tempada de Dorna que, como xa sabedes, compartimos coa FGCMF e compañeiros doutras asociacións de vela tradicional que queiran asistir .

Entre Vigo e Santiago, a Arousa queda

Aportación musical de Iogui
Mais, este ano, a cea tiña un compoñente especial: o agradecemento por parte de tódala familia mariñeira galega do labor de Pablo Carrera ao fronte do Museo do Mar de Vigo e, asemade, do seu recoñecemento por ter sido un gran colaborador e dinamimizador da cultura marítima tradicional.

Pablo Carreira
Destacar a asistencia de Dionisio Pereira, Bernardo Maiz, Gerardo Triñanes, Luis Rey, Paco Fernández Rey, Bedoya, Fernando Piñeiro e de representantes de asociacións como Clube do Mar de Ferrol, Calmoseira de Cambados, de Bouzas, amigos do Museo do Mar, Grupo Etnográfico Mascato, Lajareu de Ribeira, Clube Marítimo Marisma da Ramallosa, Clube Mariño a Reiboa de Combarro, Amigos da Dorna Meca do Grove , Rabandeira de Vilanova, Mar da Pedra de Aldán.

Pablo entre Luis Rey, Gerardo Triñanes , Paco Fdez. Rey ...
Rematando a cea comezou o acto de homenaxe a Pablo cunha xenial presentación audiovisual realizada por Susa e Bea, na que se mostraban distintos momentos da súa faceta pública ao fronte do MdM.

Víctor dirixindo o recoñecemento a Pablo
A continuación, Víctor, presidente da Federación, fixo lectura de dúas mensaxes de adhesión á homenaxe: unha, de parte de Lino Lema da Consellería do Mar e outra, da Asociación Albaola, que lle enviou unha boina tamaño euscaldún, que Pablo luceu o resto da noite.

Pablo mostra o agasallo recibido da Federación
Por último, nunha clara alusión para que seguira a navegar canda nós, e sen perde-lo rumbo, recibiu por parte da Federación o agasallo dun compás de marcación.
Pablo agradeceu emocionado o recoñecemento de tódalas asociación presentes e ofreceuse a seguer colaborando con elas, non importa onde estivese.
E inmediatamente despois deu comezo a Velada dos II PREMIOS PODRÉN.
Como na pasada edición, o guión, a dirección e a presentación correron ao cargo de Susa e Bea que luciron para a ocasión as súas mellores galas.

Susa e Bea elegantes e orgullosas presentadoras da gala
Os nervios, as palpitacións, empezaron a se evidenciar entre @s comensais, nuns casos por defecto e noutros por exceso de cobiza.

Premiados e non premiados, todos sorriron
E mentres así estabamos, Uxío, nun alarde propio dun campión da perífrase, aproveitou para facer un soliloquio de agradecemento, no nome da ENT, ao traballo de Claudio, o da Maristela, que ándanos a poñer a punto o motor do noso Rei do Mar.
Grazas Claudio e parabéns.
O primeiro premio podrén foi para a armadora do ano, Belén de Caldas quen, agradecida, dixo pensar que o merecía.
Noraboa, rapaza!

Queca móstranos o agasallo recibido polo premio podrén á muller que nunca dá navegado porque hai que acarretar dornas
Claudio subeu de novo ao escenario para recibir o premio Viagra por ser, da escola, o único home capaz …
de poñer a punto o motor do galeón. Bravísimo Claudio!

Braulio recolle o galardón no nome do seu irmán Geno. Non lembro a que viña o premio, pero ... algo faría
Lino, que recibiu o premio podrén Macgyver, manifestou que pensaba devolver o premio: unha peza de porcelana esmiuzada.
Iso si, tamén dixo que antes recompoñería a desfeita pegando os anacos un a un. Nada se te resiste, campión!

Emborcou ou non emborcou a "Josefa"? Ricardo recolle o seu premio podrén
Salva, o noso dire e ”salvabarcos” da escola, recibiu como agasallo un achicador dun tamaño así coma para un falucho de Bouzas.
Parabéns! Por fin recibe asistencia no seu traballo.

Salva pedindo o manual de instruccións
Uxío recibiu o premio podrén ao ”poeta máis poetoso” , pola súa revolucionaria contribución ao mundo das letras. O seu “neo-vocabulario” xa está a sentar cátedra.
Noraboa! Xa te-lo “títalo” … de académico da escola.

Bea desposta a poñe-lo gorro
E a velada rematou cun autopremio: Premio podrén Gemma Mengual a Bea, rememorando a súa incursión no mundo da natación sincronizada alá polos mares de Combarro.
Parabéns rapaza! Esperamos non volva gañalo ninguén.

Linda gaiteira
Ó final, coma ao longo da cea, o grupo de música de ACDDorna deleitounos coas pezas do seu repertorio tradicional. E ben que o fixeron!

O Anxo non desaproveitou a ocasión para darlle ao bombo
Gazas a tod@s e sempre avante, sen desalento. Verémonos por estes os nosos mares.
Poñeremos fotos no Picasa e tamén...

...no Facebook de Asociación Cultural Dorna



