Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Vilaxoán'13: desafío meco

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 09.05.2013 21:04

Alá nos afastados tempos da tempada pasada, os Amigos da Dorna Meca retaron á xente da ACD Dorna a unha regata a remos. Bogaron e bogaron e venceu o bando carcamán. Viva!

En Dorna somos mui pillas e enviámoslles o noso repto o pasado mes de abril: a que non sodes capaces de facernos tres carros, tres, nunha tarde?? Por suposto, a delegación meca aceptou o desafío, e ganhou!; nós, tristes, aceptamos celtisticamente :( a derrota... e conseguimos 3 carros novos. Viva!

Na realidade, Dani e Kin ofrecéronse a vir unha tarde a axudarnos en traballos de carpintaría, no que eles son mais expertos e despertos que nós.
E como quen se ofrece é atrapado nas redes e non o ceibamos, zás, aí vinheron o sábado pasado con toda a súa maquinaria ao lombo para sacar da cerna da madeira, pezas para dornas.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_mecos_carro_esquadra1.jpg
Eles trouxeron até trenchas eléctricas... nós menudo banco lle damos!

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_mecos_carro-patrom1.jpg
Coa planinha sacamos as medidas estándar do carro.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_mecos_carro_cepilho1.jpg
Sacadas as medidas cepillar ben a peza

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_mecos_carro_caladora1.jpg
Cortando as entallas

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_mecos_carro_detalhes1.jpg
Axustando e adaptando a peza à dorna...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_mecos_carro_ingletadora1.jpg
...mentras o colega ultimaba cachos da Ortelinda.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_mecos_maquinaria1.jpg
Esta xentinha non parou de traballar en toda a tarde!

...e como podedes ver, con toda unha chea de comodidades e facilidades darredor. A ver se alguén institucional mira este blogue entende a nosa necesidade dun local en condicións!!

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_carro_debora1.jpg
Un carro novo para unha vella dorna!

Ben se ve que Ogrove debeu ser illa nalgún tempo! que ben se entenden mecos e carcamáns!

Obrigadas por recibir a vosa axuda!
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Vilaxoán'13: a buceta Laranha

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 09.05.2013 19:13

A maneira de traballar da maioría (da que traballa, vamos, excluamos a algunha que como disque fai fotos, non a ranha) ven sendo axudar a aquelar as embarcacións grandes/do común e despois pórse coas propias. Non comezar coa dorna de competisión até estar lista a Peça ou a Xeiteira.

Lino JR. vai ao revés. El primeiro preparou a sua Noelia, rascou, pintou, revisou folio... E cando tivo lista a súa dorna, pasou ao común, e colleu ao seu cargo a buceta.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_laranha_preto1.jpg
Comezou pintando de negro coa axuda de Manolo...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_laranha_listom1.jpg
Cada semana daba um toque novo: encarnado, branco...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_laranha_carro1.jpg
...até que a deixou así de lucida para os Encontros.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_laranha_fondeo.jpg
E aínda se encargou de ponhela a encharcar...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_4maio_laranha_fondeo1.jpg
...e case acaba no fondo do mar!
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Vilaxoán '13: Día Mundial dos Carpintos

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 28.04.2013 23:08

Coas embarcacións grandes alistadas, e en agarda dun tempo propicio para traballar no Rei do Mar, este fin de semana, cadaquén puido adicarse à súa embarcación, fose dorna ou outra cousa.

Podemos difenciar tres grandes tipos de traballos: pasar o pronto e o pano a dornas hipercoidadas, preparar e completar os aparellos de vellas dornas, e desfacer os males feitos da tempada anterior.
Para os dous segundos tipos de traballo é básico o banco de carpinteiro e toda caste de ferramenta que sirva para un burato e unha serradura.

Como alguén contou nun comentario anterior, a ENT Dorna conta con moi pouco material de calidade para facer todas estas reparacións. Case todo o que usamos é de persoas da escola que os ceden para estes mesteres durante os días que é necesario. Pero é o seu material o que se gasta e estraga, non un de carácter comunal.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_banco_carpintos1.jpg
Exposición de préstamos no banco de carpinteiro.

Un dos traballos, facer empanetados:

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_planos_secretos1.jpg
ATENCIÓN! Dorna comparte coa comunidade os planos secretos dos seus F1.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_taboas1.jpg
Unha táboa que dará empanetados...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26_sapeira_taboado1.jpg
Ao final da tarde, a Sapeira tinha o seu empanetado de popa completo.

Outros adicaron a tarde ao mundo carro:

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_carro_claudio1.jpg
Claudio a facer un novo para a dorna do seu sobrinho.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_carro_rosalia1.jpg
Javi a tentar arranxar o desastre da Regata do Marisco...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_bancorosalia1.jpg
...onde a Rosalía rompeu o banco por non ter o carro axustado.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_centro_rosalia1.jpg
Trazando unha mediana na Rosalía para comprobar que o banco está centrado.

Entretanto, os restauradores profesionais adicaban a tarde ao Illate:

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_ilhate_cuberta1.jpg
Javi medindo e revisando a cuberta...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_illate_quilha1.jpg
Héctor estudando a quilla con Manolo...

Tantas tarefas non evitaron que dese tempo a facer o Torneo Anual de Calantxaris. Igual que en Euskal Herria compiten para picar troncos ou levantar pedras, os da Arousa pelexan por ver quen acaba antes coa serra caladora.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_26abril_calantxaris1.jpg
Os finalistas, competindo para ganhar a proba final.





Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Vilaxoán '13: Xeiteira ao mar!

Categoría: Vilaxoán
Enviado: 28.04.2013 22:37

Ás veces o traballo de reporteira é difícil. Por exemplo, cando os cadros técnicos non cumpren os horarios que eles mesmos establecen. O día que botamos a Peza de Rabo ao mar, chegamos puntualinhas à rampla de Vilaxoán à hora marcada: as 12.00, relós sincronizados. E xa a Peza estaba no mar!
Ao día seguinte, quedamos às 11.30 para botar a Xeiteira, e chegaron as 12, e as 12.30, e non había gas para o xerador, e o taladro non taladraba e pasaba o tempo, e a reporteira marchou coa Nova Marina en terra...

En fin, que a reportaxe ficou medio tronzada. Xuntade a metade dun barco e a metade do outro e xa sabedes como se pon unha embarcación grande a inchar.

Cando chegamos xa case estaba todo feito, a Peza desengachada do remolque, na auga e con Lino Jr. e Larry a bordo para deixala aquelada.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_20Abril_botadura_peza1.jpg
O cowboy a ponto de botarlle o lazo à proa da dorna.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_20Abril_botadura_peza2a.jpg
Axustando as escoras

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_20Abril_pezarabo_botada1.jpg
A Peza de Rabo lucindo a pintura nova na rampla de Vilaxoán

Unha vez acabado o chollo, de volta para a nave para cargar a Xeiteira e botala ao mar, tamén.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_20Abril_carro_procesom1.jpg
O paseante, por mirar para o carro, non vía a farola que se lle ía enriba ;) .

O domingo de manhá foi a saída da Nova Marina.

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_20Abril_derrapes1.jpg
Saída de boxes con derrapes weberianos...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_20Abril_procesom_jeiteira1.jpg
Colocando o remolque...

http://acddorna.org/blog/upload/vilajoam13_20Abril_botadura_jeiteira1.jpg
Lista para ir ao mar!

E aquí marchou a reporteira, hehehe.


Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 9
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 21.05.2013 00:24 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous