Enviado: 14.04.2013 22:01
Às oficinas das ENT DORNA de Vilaxoán chegou MonnyPenny coas novas da semana. Reunida no Gabinete de Crise con Salva informounos da próxima conmemoración do Día Internacional da Conscienciación sobre o ruído, o próximo 25 de Abril, sempre.

Secretaria e Director analizando as propostas ruidistas.
E como en Dorna somos moi solidarias con todo e sempre nos implicamos en todas as cuestións reivindicativas, pois hala, démoslle ao caletre até dar coa maneira de "conscientizarnos" a fondo. Como? FACENDO BARULLO! E a iso adicamos a tarde do venres...

O primeiro, prender o xerador eléctrico...

Démoslle ao power doutros motores, mais non responderon.

A lixa barullaba na Mora, cada vez menos colorida.

Competía Claudio na outra punta da nave.

A aspiradora debía facer paradas técnicas, porén colaborou o que puido na xornada
Quen máis interese puxo na celebración do barullo foi Claudio: andou a probar ferramenta até dar coa máis alborotadora.

A caladora que non quere calar.
Aínda así, sempre hai persoas que se negan a facer parte de celebracións oficiais, e boicotean calquera actividade. En todas as partes cocen fabas!
Lino non sabía se axudar ou non e tanto lle daba ao taladro como à silenciosa serra...

Ese banco non o arrinca nen un temporal forza nove.

A serrar ferrinhos...
Ai, ai! Como sempre, o boicoteador número un, o que sempre vai contracorrente é o Santi, que como non trouxo a gaita, decidiu pasar a tarde en silencio total, TOTAL!

... e seguiu o sistema tradicional de lixado mudo.
Acabada a xornada, quen máis quen menos soubo aprezar o valor dum tempo de silencio... Que duro é traballar con barullo!!













