Arousa

Calendario

« Setembro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Administrador

BENVIDA A LAMPÓN

Categoría: regatas
Enviado: 07.09.2010 21:49

Na regata do Bao deste ano e a bordo da "Nova Ángela" houbo unha tripulación especial.
Dende A Pobra do Caramiñal, e despois de moito tempo sen velo pola Arousa, Lampón coa súa dona Lola achegouse ata a nosa regata disposto a participar como antes o facía. Esta vez acompañado por Chen Hui, que foi quen o animou a competir con nós para alegría dos máis veteran@s que por alí se atopaban.
@s que levamos menos tempo na escola non sabíamos del, mais patróns e veteranos lémbrano como un gran afeccionado as regatas de Arousa e campeón en moitas delas xunto a súa muller.

Eiquí o vemos con Chen Hui aparellando a dorna pouco antes da saída da regata do Bao nunha foto de Melquíades.
Benvido sexa e esperamos velo na seguinte.

http://acddorna.org/blog/upload/Lamp%F3n.jpg
Benvido Lampón e grazas Chen Hui!
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

VIDEOS DA REGATA DO BAO 2010

Categoría: regatas
Enviado: 06.09.2010 20:14

Como vos dixemos nunha mensaxe anterior, Luis da Fonte envíanos unha pequena mostra da regata do Bao nun video realizado por el. Premede nesta imaxe:

http://acddorna.org/blog/upload/BaoLuis-png.png


Tamén Hugo nun comentario anterior remítenos a dirección dun video da súa colleita. Eiquí o tedes. Premede nesta outra:

http://acddorna.org/blog/upload/HugoBao.jpg

Grazas aos dous e que os disfrutedes tod@s.



Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

E POR FIN CHEGOU ... A REGATA DO BAO 2010

Categoría: regatas
Enviado: 29.08.2010 19:26

Sen dúbida, a Regata do Bao foi a regata máis movida da tempada, mais onte quedouse quieta para que tod@s a bordo das nosas dornas poidésemos celebrala como se merece.

http://acddorna.org/blog/upload/Na%20Chati%202010%20-%20copia%20-%20copia.JPG
Deste xeito tan decidido iban as dornas dispostas a pasa-la ponte

Ter que iniciala na Praia do Bao Norte, ou sexa na mesma latitude que o vento, parecíanos a algúns un obstáculo insalvable. Porén, malia o pechado da bolina, tódalas embarcacións comezaron a regata dende a beira da praia sen ter que monta-los remos para aparellar.

O vento do norte soprou constante e sen apenas rachas e xunto co sol e a estupenda temperatura (non fixo excesivo calor) disfrutouse moito da competición dorneira e, a diferenza do ano pasado, non houbo que “pagar peaxe” ao pasa-la ponte con interminables cambios.

http://acddorna.org/blog/upload/Na%20Chati%20O%20Bao%202010.JPG
E a pasaron

Apenas houbo incidentes agás algún cruce de traxectorias non previsto e sen danos materiais e, tamén, a varada da "Chati", máis ben embestida, que tra-lo impacto emocional que lle provocou (había moito público na praia) non foi quen de pedir disculpas á "Montañesa" de A Coruña que levou un susto casi tan grande como o dela. Dende aquí as transmitimos de parte da súa tripulación. (Están castigados a practicar o resto da tempada exercicios de varada. A ver se aprenden)

http://acddorna.org/blog/upload/Na%20Chati.JPG
A Chati acosada por dúas dornas perseguidoras: a "Petela" e a "Roxiña"

Foron 34 dornas as que participaron e a clasificación foi a seguinte:

1ª Pereka
2ªJalerna
3ªCariñosa
4ªXarandeira de Fasquía
5ªNécora
6ªBazarra
7ªFuxe de Ogrobe
8ªMimela
9ªCaracola
10ªNoelia
11ªBandalha
12ªBetty Boop
13ªMaristela de Rabandeira
14ªForza R
15ªPelijata
16ªPetela
17ªFavorita
18ªFungona
19ªZenaida
20ªRosalía
21ªMªDolores de A Calmoseira
22ªNerea de Calmoseira
23ªRoxiña
24ªMontañesa
25ªChati
26ªPenta Morion
27ªNova Ángela
28ªDelfina

Acheron
Lura
Carmiña
Estela
Marilús
Mora

(As non indicadas son da ENT Dorna)

Nos agasallos a tódalas tripulacións este ano deuselle un respiro aos armarios e caixóns de roupa e, rompendo coa tradición da camiseta, obsequiousenos cunha práctica bolsa hermética para non estraga-los móbiles en caso de emborcar. (Foi unha pena que non llas deran a algúns media horiña antes)

No reparto de trofeos destacar un, especial, que levou a nosa Bárbara como a máis nova promesa da ENT Dorna. Fixo unha regata exemplar xunto ao seu patrón David. Noraboa rapaza!

Ao final comimos e fixemos festa ata ben entrada a noite.

Hai un video de Luis da Fonte sobre a regata. En canto o teña listo colgámolo no blog. Atentos á páxina.

Permalink Comentarios (8) Trackbacks ()

REGATA DO BAO 2010

Categoría: regatas
Enviado: 11.08.2010 10:19

http://acddorna.org/blog/upload/cartelbao2010-b.jpg
O cartaz é de Juan Piñeiro e Nieves Ozores a partir dunha foto de María García Espinosa


ATENCIÓN:

Temos nova data e novo horario para a Regata do Bao 2010.
Será o Sábado 28 de Agosto ás 16:00.
Non vola perdades, sen dúbida vai ser (xa está sendo) a regata con máis "movida" desta temporada.
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 9
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 09:53 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous