Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Marcha do Monte Pindo

Categoría: patrimonio
Enviado: 07.04.2012 17:09

http://acddorna.org/blog/upload/marcha%20pindo.jpg
Cartaz explicativo da Marcha

O Monte Pindo, no Ézaro, é algo máis que un monte, non só para as xentes da Costa da Morte, non só para a xente marinheira que o usaba como marca, senón para todas as persoas interesadas e preocupadas polo patrimonio natural e social.

Ao pé do monte Pindo, no Ézaro encontrou Stefan Morling, abandonada na praia, a Gitanilla, daquela a última lancha xeiteira. Mediuna, copiouna no seu caderno, sacoulle a fasquía en papel, perguntou polas velas que levaba, encontrounas tamén, e imaxinou como sería navegar nunha embarcación desde tipo, que el deu xa por perdida.

Aí mesmo, ao pé do Monte Pindo, sae, o sábado que vén, unha marcha reivindicativa que reclama a declaración dese monte como Parque Natural.
Animádevos a achegarvos aló, reivindicade coa xente do norte a protección que o monte merece, e aproveitade para dar un paseo, e ver onde estivo a antecesora da Nova Marina.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Paseo galego pola Bretaña

Categoría: patrimonio
Enviado: 04.02.2012 21:00

http://acddorna.org/blog/upload/ugia_marinha.jpg
Ugia Pedreira e Marina Oural

Mándanos recado Ugia Pedreira, naveganta ocasional con Dorna, colaboradora da revista e mariñá afincada na Arousa que alá se vai de paseo ás terras bretoas...
Ela e a súa viciña mariñá Marina Oural, levan ao norte un recital músico poético que titularon GALIZIA MUÁ!

Así o contan elas:
La Bretagne (Franza) é o seu primeiro porto, amigo ancestral de cando A Mariña Luguesa e a costa bretona seica se uniron polos ventos alá polo século V e se asentaron nas costas galegas os primeiros bretóns. Por iso agora comezan a súa singradura en barco, transporte natural que uniu estas terras. Van cantar e recitar o que senten sen máis, iniciar unha travesía que ben poidera ser, na historia, de irmás.
Ugia Pedreira accede á a súa voz máis íntimísima e ás súas composicións máis gardadas. Marina Oural atrévese a verse con ela desde as palabras sentidas pola vida e recitará os versos que lle saíron da alma.
Os mundos delas atóparonse nas Altas Terras do Norte, na palabra e na música co sentido tácito que dá um espazo-tempo na aldea, desde unha infancia cruda e riquísima a unha adolescencia soñadora mar por medio.


As actuacións e datas son as seguintes:
- Atelier Charpente de Marine. Philippe Simon. 10 de febreiro de 2012
- Casa Bain-de-Bretagne, Rennes. 11 de febreiro 2012

Navegantes que andastes de encontros polo mundo, alá por Brest e Dourdenez, mandade recado da visita destas artistazas.

E por certo, Ugia voltará a tempo de actuar co seu grupo Marful no Museo da Conserva da Arousa. Será o 14 de Febreiro. Reservade entradas!
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

A dorna das mulleres

Categoría: patrimonio
Enviado: 19.01.2012 18:03

Estes días estamos vendo nas noticias a traxedia do cruceiro Costa Concordia e o comportamento moi pouco edificante do seu capitán. Sería bo lembrar, relacionando traxedias, á que tivo lugar hai 91 anos na illa de Sálvora.

O 2 de xaneiro de 1921, de madrugada e cun forte temporal, un barco denominado vapor-correo, o Santa Isabel , que levaba a unhas duascentas sesenta persoas, na súa meirande parte emigrantes rumbo a América, encallou na pedra de Pegar, a uns 150m do faro da illa de Sálvora. O navío partíu en tres e afundíu rapidamente.


http://acddorna.org/blog/upload/Naufragio%20en%20Salvora.jpg
Sinalado cun x, os baixos de Pegar, onde encallou o barco



Debido ó forte temporal, os homes que saíran a faenar non voltaran e resgardáranse no continente. Na illa ficaran maiormente nenos, mulleres e vellos. Cando se decataron da traxedia, tres humildes dornas polbeiras fixéronse ó mar: unha para avisar no porto de Ribeira e as outras dúas para ir ó rescate das vítimas.

Tres mulleres foron nunha desas dornas e, bogando nunha noite endemoniada durante varias millas, rescataron a unha ducia de persoas. Fixeron un total de catro viaxes.

O balance daquela traxedia foi de 213 persoas mortas e 53 supervivintes.



http://acddorna.org/blog/upload/hero%EDnas%20de%20s%E1lvora.jpg
As heroínas de Sálvora: María Fernández, Josefa Parada e Cipriana Oujo. Tiñan 14, 25 e 16 anos


Nesta ligazón tedes un fermosísimo e documentado relato dos feitos escrito por Luis Teira e publicado no nº 4 da revista Ardentía.


Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()

Unha viaxe á Illa dos mortos

Categoría: patrimonio
Enviado: 14.01.2012 20:13

Este é o título dun breve documental elaborado por Manolo Gago, o mantedor do blog Capítulo 0, lugar de visita imprescindíbel para aquelas persoas interesadas no patrimonio galego.

Por suposto, a Illa dos Mortos, está na Arousa. Gastade uns minutos en velo, porque vale a pena.

http://acddorna.org/blog/upload/areoso.jpg
Unha imaxe-pista procedente do bló Capítulo 0

E se queredes saber máis, lede esta entrada no bló A pedra do encanto, de Beatriz Comendador, arqueóloga de Vilagarcía.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 18.05.2013 17:14 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous