Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Brest: FIN!

Categoría: brest 2012
Enviado: 03.08.2012 22:28

E chegou o último día e todo acabou e houbo que desfacer o feito e despedirse até dentro de catro anos, crises mediante.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim1.jpg
A exposición volveuse ferranchos outra vez, como a Cincenta despois do baile.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim2.jpg
O peirao amenceu sen barcos e sen pantaláns.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim3.jpg
Camións e camións cargaban material de todos os stands...

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim4.jpg
As vasoiras de xesta son de utilidade universal.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim7.jpg
Unha última embarcación colle camiño de Douarnenez

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim6.jpg
Até a fragata marcha destemida de independencias bretoas...

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim8.jpg
As nosas embracacións xa estaban embaladas...

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim9.jpg
...o stand empacotado.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim10.jpg
No baúl cargamos as nosas morriñas...

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_fim5.jpg
...e a Piconita, sensible ela, despediuse por todos das águas de Brest.

Até a próxima, no 2016!!



Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Brest: a encargha

Categoría: brest 2012
Enviado: 03.08.2012 15:51

E que saibades que de Brest, á parte de todas as experiencias que compartimos aquí con vós (fóra as censurábeis), trouxemos unha encargha da meniñada bretoa. Asinamos contrato e todo.

Fóronnos entregadas tres botellas de vidro preparadas con lacre especial e a información necesaria. Cada unha delas foi entregada á representación de Mar de Muros, dos Amigos das Dorna de Portonovo e da ACD Dorna.

O compromiso que adquirimos foi o de botalas ao mar nas nosas terras (é dicir, nos nosos mares).

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_garrafa1.jpg
Botella coas instrucións para a botadura.

E que conteñen esas botellas? Pois nada máis e nada menos que deseños e mesaxes ao mundo das crianzas que andan a sandar as súas doenzas nos hospitais de Brest, que teñen intencións de seguir a viaxe por todo o mundo de todas as botellas que repartiron no evento.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_garrafa2.jpg
Os debuxos que nós imos lanzar ao mar.

AN primeira travesía que fagamos, enviamos o noso SOS!!.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Brest: or-gha-ni-sa-sión!!

Categoría: brest 2012
Enviado: 03.08.2012 14:27

A Festa Marítima de Brest é un evento que acolle milleiros de participantes e máis milleiros de visitantes. Disque o día 14 de xullo, sábado e festa nacional en Franza, foron vendidas máis de cen mil entradas. Disque...

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_1.jpg
Nos días fortes as afluenza de público foi impresionante.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_2.jpg
Organizar máis de mil barcos nos pantaláns non é fácil.

E toda esta maquinaria de xente e barcos estaba tan ben engraxada que funcionou perfectamente os días que alá estivemos. E se algún pormenor fallou, a reacción era rápida e efectiva, sen deixar ir os problemas alén do pequeno imprevisto.

Todo estaba pensado e requetepensado: postos de información en todos os cruzamentos e peiráns, váteres e duchas en proporción ás visitas, servizos de salvamento e atención no mar, control de entrada nos pantaláns... era imposible dar máis de dez pasos sen encontrar algunha persoa relacionada coa organziación para solventar calquera dúbida ou inconveniente.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_5.jpg
O bretón é facile e divertente.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_4.jpg
Sistema de recollida de lixo con separación e reciclaxe.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_6.jpg
No mar sempre había unha zodiac perto para axudar (e mandar sair da rota dos navíos militares, hehehe).

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_9.jpg
Varios postos de primeiros auxilios atendían escordaduras e golpes.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_10.jpg
Os baños eran accesibles e mantíñanse limpos.

Na enorme carpa-comedor xantábamos todos os días milleiros de persoas en dúas horas. Nunca tivemos que agardar nen comer frío!!

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_13.jpg
Xoel presto a gozar do menú-gourmet de Brest.

Todo o circuito de exposición e actividades aguantou impecable toda a semana... algo que non cadraba nas nosas cabeciñas afeitas a porcalladas post-botellón, post-albariño ou post-festa-calquera.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_12.jpg
Entre ir e vir pola cámara desapareceu o papel que ía fotografiar.

Todo isto foi posible grazas á excelente organización do evento, que leva anos de experiencia, rectificación de erros e propostas de mellora. Pero tamén temos claro que un dos papeis máis importantes e menos valorados é o do voluntariado: o labor de todas as persoas vestidas de encarnado que traballaron desinteresadamente para que a maquinaria do reló dese a hora certa.

As persoas voluntarias anotábanse através das asociacións, veciñais, deportivas, culturais, etc., ás que pertencían. Desta maneira a organización do evento doaba a cada entidade 15€ por voluntaria aportada. O voluntariado traballaba en quendas de 5 horas e estaba claramente marcada a súa función.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_11.jpg
No mar, as zódiac non andan soas.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_3.jpg
Estes non sabemos se eran voluntarios, aínda que algo piratas parecen.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_7.jpg
O voluntariado lingüístico ofrecíase para labores de tradución e interpretación.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_8.jpg
As rúas estaban limpas porque alguén recollía o lixo.

E como sempre, o mellor ao final: a equipa de voluntarias e voluntarios galegos que, mal que vos pese, vos representamos en Brest.

http://acddorna.org/blog/upload/voluntariado_brest12_14.jpg
Que sería do nome de Galiza se non é por nós!!
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Brest: Galiza-Croacia

Categoría: brest 2012
Enviado: 03.08.2012 13:57

Adiantados uns dias á inauguración das Olimpíadas na outra banda da Canle da Mancha, celebramos en Brest un encontro amistoso entre as seleccións de navegación tradicional de Galiza (viva! viva!) e Croacia (buuuuhhhh!).

A negociación do partido correu a cargo das redeiras e Belén, que foron gañando a confianza dos contrincantes a base de fíos, redes e vasiños de viño.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_embaixadoras1.jpg
Ángeles e Belén pactando as normas para o partido.

A verdade é que Galiza comezou na contra, pois todos os partidos foron xogados en campo contrario. A avantaxe desta cesión territorial veu pola parte da cociña: os traballos tamén foron para os da casa.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_cozinheiro1.jpg
O porteiro da selección croata preparando a estratexia defensiva.

Como non somos nada chauvinistas, non temos problemas en admitir o resultado: victoria para Croacia por goleada.

Certo é que nós puxemos ricos mexillóns en escabeche, ao natural, con algas; sardinhas en aceite e rico queixo de cabra e ovella; certo é que o do viño foi un golazo pola escadra, porén... Croacia cociñou en vivo e en directo para todos nós e iso levou case todos os puntos en loita...

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_Croacia_festa1.jpg
O campo de xogo era ben grande!

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_Croacia_festa2.jpg
Atacantes croatas ofrecendo minestra tradicional. Gol!

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_Croacia_festa3.jpg
Galegos facendo esforzos por parar os ataques de comida... non foron quen!

Iso si, os tantos de honra que evitaron que a delegación galega houbera de pasar por debaixo da mesa como prenda foron gañados, como non podía ser menos, grazas ao licor-café.

http://acddorna.org/blog/upload/brest_12_Croacia_festa4.jpg
Brinde polo partidazo!

En deportes como este, pouco importa o tanteo final. O caso e facer festa!
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 5
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 21.05.2013 21:23 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous