Enviado: 21.08.2008 14:14
O último día, mentres as persoas participantes na travesía ían cadaquén de volta para a súa casa, parte dos patróns subiron novamente às embarcacións: a Irmandiña e a Peza de rabo habían de ser levadas a Portonovo por mar, mentres Rosiña, a monitora, levaba a Lura por terra.
Repartímonos para formar dúas tripulacións. A viaxe comezou sen vento, polo que pensamos que ía ser unha nova agonía cruzar a costa da Soavela. Mais, ao pasarmos a altura de CaboHome, chegou a sorpresa: vento de través e mar de proa. Na Peza de Rabo pasámolo como ananos [na Irmandiña non viron unha boia e sufriron algo máis].

A fotógrafa e Larry mudamos os papeis: eu levei a caña e el a cámara. Aquí o 75% da tripulación coas Illas Cíes ao fondo.
O divertido era ver chegar as enormes ondas do mar de Vigo que, ora escondían barcos e illas, ora os descobrían.

o barco está...

...o barco non está...

onde está o barco? E as Ons?

Perto da illa que tampouco se vía...
A Peza de Rabo fixo o traxecto Cíes-Praia de Canelas no tempo record de hora e media. Case o mesmo que os barcos a motor que van às Illas. Evidentemente, a carreira merecía un descanso para xantar. Fondeamos en Canelas à espera da Irmandiña, que viña máis atrás, pois traía a zodiac a remolque e tivo problemas no medio do mar cun aparello.

Armando a casota coa vela para poder xantar à sombra.

Os patróns Larry, Parada e Salva, enchendo o estómago.


































