Categoría: mantemento dornas
Enviado: 12.10.2009 23:31
O Sábado levamos dornas A Vilaxoán. Como o inverno aí o vén, aínda que non o pareza, quedamos para ir trasladando embarcacións á nave onde permanecen a cuberto dos temporais e as nevaradas.
Xuntámonos 20 persoas, polo que puidmeos levar 10 das dornas varadas no Bau.
Vento había pouco. A viaxe veríase reducida a unha tranquila empopada se no fora polo protagonista da xornada: o pau da Carmen, o pau máis pesado da escola, tan pesado que puido con Marro e tirou con ela no mar...
Arbolando as dornas para sair.
Para que Larri non gañase, levou a Lura, a dorna máis pesada.
O pau máis grande do mundo. Ou pau asasino.
Marro reposta do susto e cunha muda a man, menos mal.Por causa do incidente do pau, as blogueiras voltamos sair de últimas e non temos crónica do traxecto alleo para contar.
A Carmen, coa Lura e a Betti Boop na proa.
Contrabando de cigarros: Delito?
Tradición e modernidade.Por rescatar unha patroa enchoupadiña de auga, Larri chegou, sen que sirva de precedente, no último posto. Agora estamos a pensar en facer quendas ou rifar quen vai á auga en cada nova regata para que non gañe máis.
O sol iluminando ao campión galego de dorna.
En Vilaxoán uns acarretaban dornas...
...e na nave outros as arrumbaban.