Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Maio 2013 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Administrador

Retorno a Illa

Categoría: travesías
Enviado: 16.05.2013 17:16

Unha empopada de dúas raias, ou máis, acompañou o regreso ó seu hábitat natural das embarcacións emblemáticas da Escola de Navegación Tradicional de Arousa: a dorna de tope, a xeiteira e a buceta, tamén coñecidas polos seus patronímicos de Peza de Rabo, Nova Marina e Laranha.



http://acddorna.org/blog/upload/RET_muelle.jpg
Lino, no porto de Vilaxoán, preparando os barcos para a saída


A travesía ten como obxectivo te-los barcos preparados e listos para o 17 de maio.




http://acddorna.org/blog/upload/RET_LinoClaudio.jpg
Lino e Claudio ( con casco, non vaia se-lo demo ), este de patrón da xeiteira




A Peza de Rabo saiu como un foghete e tamén a Laranha, inda que esta tivo un pequeno accidente.


http://acddorna.org/blog/upload/RET_remolcando.jpg
A buceta Laraña rompeu o pau a pouco de saír e houbo que a remolcar




Na Peza ían de tripulación Juan, MªCarme, Queca e Lino.


http://acddorna.org/blog/upload/RET_Empopada_PRabo.jpg
A Peza de Rabo ao par da xeiteira en empopada, con vela prestada






http://acddorna.org/blog/upload/RET_PRabo%20chegando.jpg
A Peza entrando no Cantiño




E na xeiteira tamén viaxaba un artefacto.


http://acddorna.org/blog/upload/RET_Claudiociclista.jpg
Claudio entre dous amores, a vela e a bici



A volta ciclista vai saír da xeiteira...




http://acddorna.org/blog/upload/RET_xeiteirafondeada.jpg
A xeiteira retornou a Illa...
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Esta vai de derradeira...

Categoría: travesías
Enviado: 20.10.2011 22:54

Na derradeira travesía do ano, a Nova Marina e a Peza de Rabo foron rumbo a Vilaxoán.

O vento era de nordés, bastante forte, polo que collimos rises por si acaso.

A Nova Marina, patroneada por Uxío, navegou ata a illa da Benza entrando dereitiña no peirao de Vilaxoán.



Este era o ambiente a bordo da xeiteira:

http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_achicando.JPG
Tiña moita auga polo que houbo que achicar ó xeito tradicional



http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_benza.JPG
A Benza na proa, pouco antes de face-lo bordo



http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_boina.JPG
Eva, que levaba a caña, tivo que poñer a boina de patrón



http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_cova.JPG
Cova e Nela



http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_nela.JPG
A Nela non lle convencía o da boina






http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_paco.JPG
Paco






http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_popa.JPG
Eva, Bea e Uxío








A Peza , patroneada por Anxo, andivo ás reviravoltas pola ría visitando Cabodeiro, Vilanova, Faro do Seixo, o canal e mailos depósitos de Vilagarcía, abarloando finalmente no pantalán de Vilaxoán.


http://acddorna.org/blog/upload/pesa_terr%F3n.JPG
Saída da Peza cara ó Terrón


http://acddorna.org/blog/upload/pesa_tripu.JPG
A tripulación da nosa dorna de tope: Iolanda,Lino, Anxo, Calixto e Javi



http://acddorna.org/blog/upload/pesa_tripu1.JPG
En primeiro plano, Belén e Calixto


Ata o ano que ven repousarán na nosa nave (por agora...) á espera da primavera para florecer de novo.





http://acddorna.org/blog/upload/pesa_vilaxo%E1n.JPG
Así de tranquiliña estaba no peirao




http://acddorna.org/blog/upload/nmarina_vilaxo%E1n.JPG
A xeiteira tamén...



Queda un último esforzo: sacalas da auga e encamiñalas ata a nave. Dado que esta fin de semana inda non chegan as tan desexadas choivas, mañá sábado 22, ás 15h (ollo coa hora) debido á marea, vémonos no peirao de Vilaxoán. Cant@s máis sexamos, máis rápida e doada será a operación.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

CONVOCATORIA de TRIPULANTES para TRAER de VOLTA os BARCOS

Categoría: travesías
Enviado: 29.08.2011 21:12

Precísase tripulación para achegar tres embarcacións tradicionais mariñeiras da ENT de ACDDorna, dende Portonovo ata o seu porto base, sito fronte a praia da Canteira no Bao.

@s interesad@s en inscribirse pódense presentar mañá, 30 de agosto, ás 12 :00 horas do mediodía na caseta-pañol da escola.

A inscrición é gratuita.

E para que vos fagades unha idea de onde vos metedes, embaixo tedes dúas imaxes das embarcacións.

http://acddorna.org/blog/upload/irman%20sanx.jpg
A "Irmandiña"


http://acddorna.org/blog/upload/barcos%20G.JPG
A "Peza de Rabo" e a "Xeiteira"
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()

Á VOLTA DO RÍO ULLA

Categoría: travesías
Enviado: 26.08.2011 23:19

Tiñamo-la marea en contra pero o vento (máis ben ventiño) a favor, así que tal como anunciamos tres entradas atrás, o sábado 20 de agosto fumos quen de subi-lo río Ulla ata Cesures e aínda sobrounos tempo para botar unha partida de bólos cos veciños de Manselle e de Mañufe.


http://acddorna.org/blog/upload/P1040131-1.JPG
Río arriba

O empeño de Anxo, o noso compañeiro de angueiras, levounos nunha viaxe case épica a remontar o río da súa infancia.


http://acddorna.org/blog/upload/P1040192-1.JPG
Polo río vello

E para que vexades que dicimos verdade, eiquí vos vai unha pequena crónica en imaxes do que tal fixemos.

De seguro que voltaremos.

http://acddorna.org/blog/upload/P1040391-1.JPG
Río abaixo
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 25.05.2013 20:08 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous