Arousa

Calendario

« Marzo 2008 »
L M M X V S D
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Administrador

Preparando Brest 08: visítanos a TV francesa en Vilaxoán

Enviado: 27.03.2008 22:20

http://acddorna.org/blog/upload/camara%20sobre%20xeit.jpg

O pasado 15 de abril tivemos unha interesante visita. Un equipo de TV francesa achegouse á nave de Vilaxoán onde invernan os barcos e onde cada venres e sábado acudimos a facer os labores de mantemento.

http://acddorna.org/blog/upload/pintando%20timon.jpg
Alí recolleron imaxes tanto das embarcacións tradicionais que alí se gardan como dos diversos coidados que requiren.

http://acddorna.org/blog/upload/entrev%20fernando.jpg

Ademais entrevistaron a Fernando Piñeiro, o presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, que lles explicou a realidade da navegación tradicional en Galicia.


Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Reparación de embarcacións

Enviado: 13.03.2008 19:45

http://acddorna.org/blog/upload/reparacionxeiteira.jpg


O último fin de semana de febreiro comezaron os traballos de reparación das "feridas de guerra" das embarcacións. A que máis vai levar será a "Nova Marina", traballo que está realizando Juan Servando. Tamén foi necesario realizar a reconstrución dunha caverna na "Bandalla". Destes feitos tedes testemuñas nas imaxes. Ademais, inda que non aparezan en imaxes, levouse a cabo a limpeza dalgunhas velas, o limpado dunha dorna, o transporte da dorna nova,... E máis que seguiremos informando. O fin de semana alí estaremos, en Vilaxoán.

http://acddorna.org/blog/upload/caverna2.jpg
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

A Asociación Dorna no Serán do Grove

Categoría: encontros
Enviado: 09.03.2008 21:22, Editado: 09.03.2008 20:42

http://acddorna.org/blog/upload/foto_baile1.jpg

Este sábado 15 de Marzo, a partires das nove da noite na Casa da Cultura do Grove, celebrarase o Serán no que actuarán o noso grupo de pandeireteiras, gaitas e percusión da ACDDORNA.

Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 09.09.2010 10:04 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous