Enviado: 29.05.2008 20:41
O sábado 24 de maio estivo visitando a nosa ría unha representación do Maritime Heritage, que ven sendo algo así como unha gran confederación europea de embarcacións tradicionais . A súa base estaba en Vigo, pero ese día navegaron no Hidria pola ría e ó chegar a porto fixeron unha exposición da súa asociación, intercambiando opinións con algúns directivos da Federación Galega de embarcacións tradicionais, entre os que se atopaba o seu presidente. Velaí unha imaxe des breve reunión.
A continuación foron ó Cantiño e observaron os nosos barcos grandes entre os que xa se atopa a Irmandiña. Pronto irán para o Bao.



