Categoría: travesía 08
Enviado: 28.07.2008 23:26, Editado: 04.08.2008 14:06
Hoxe, 26 de Xullo o día promete máis sol e calor que os que deixamos atrás. Levamos 3 días de navegación e moitos alumnos e alumnas xa levan a caña, cambian a vela e amarran os cabos como auténticos mariñeiros e mariñeiras.
¡ Coraxe! ¡Xa queda menos para patróns!
A ruta de hoxe foi do Grove cara Ons. O día xa comezou acidentado, pois a furgoneta que nos trasladaba do pavillón ao porto pinchou: avantaxe das dornas: non teñen rodas.

Preparamos os barcos e saímos do Grove un algo tarde:
Aparellando no Grove cara a Ons

Por fin o sol, e con el, a crema

EN RUTA CARA ONS
A dorna "Peza de Rabo"

As dornas "Irmandiña" e "Nova Maruxa"

A dorna "Irmandiña" en ruta cara Ons

Pouco a pouco, fomos chegando à boca da ría, con Sálvora presidindo a viaxe. Saíndo da ría, chegou o mar de fondo e os primeiros mareos dos podréns.
Navegando entre bateas

O
NuevaSofía con Sálvora ao fondo

O
Nueva Sofía cruzando entre cons para sair a mar aberto

A
Rula voando cara Ons

A
Peza de Rabo alcanzando a
Irmandiña [porque nos deixamos]
De camiño cara a illa o grupo de dornas que ía diante librouse dunha encalmada que deixou moi atrás à
lura e à
nova maruxa. Optamos por fondear diante de Melide para agardar por elas e entrar todos xuntos en porto.
Fondeados frente a praia de Melide

Catro persoas valentes dándose un baño

Unha vez nos xuntamos todos, arrancamos cara o porto de Ons. Onza vese ao fondo. E competimos cunha regata de veleiros.

A mellor tripulación: a
irmandiña!!

En Ons, acampada, cea e festa nocturna da que non hai imaxes. Pena!!