Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Agosto 2008 »
L M M X V S D
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Administrador

Travesía Sur: Bonus track. Moaña-Portonovo.

Categoría: travesía 08
Enviado: 21.08.2008 14:14

O último día, mentres as persoas participantes na travesía ían cadaquén de volta para a súa casa, parte dos patróns subiron novamente às embarcacións: a Irmandiña e a Peza de rabo habían de ser levadas a Portonovo por mar, mentres Rosiña, a monitora, levaba a Lura por terra.

Repartímonos para formar dúas tripulacións. A viaxe comezou sen vento, polo que pensamos que ía ser unha nova agonía cruzar a costa da Soavela. Mais, ao pasarmos a altura de CaboHome, chegou a sorpresa: vento de través e mar de proa. Na Peza de Rabo pasámolo como ananos [na Irmandiña non viron unha boia e sufriron algo máis].

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_bonustrack_fotografa.jpg

A fotógrafa e Larry mudamos os papeis: eu levei a caña e el a cámara. Aquí o 75% da tripulación coas Illas Cíes ao fondo.

O divertido era ver chegar as enormes ondas do mar de Vigo que, ora escondían barcos e illas, ora os descobrían.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_bonustrack_vaga1.jpg

o barco está...

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_bonustrack_vaga2.jpg

...o barco non está...

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_bonustrack_vaga3.jpg

onde está o barco? E as Ons?

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_bonustrack_vaga4.jpg

Perto da illa que tampouco se vía...

A Peza de Rabo fixo o traxecto Cíes-Praia de Canelas no tempo record de hora e media. Case o mesmo que os barcos a motor que van às Illas. Evidentemente, a carreira merecía un descanso para xantar. Fondeamos en Canelas à espera da Irmandiña, que viña máis atrás, pois traía a zodiac a remolque e tivo problemas no medio do mar cun aparello.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_bonustrack_casota.jpg

Armando a casota coa vela para poder xantar à sombra.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_bonustrack_casota2.jpg

Os patróns Larry, Parada e Salva, enchendo o estómago.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Travesía Sur: Séptimo día. Cangas-Moaña.

Categoría: travesía 08
Enviado: 21.08.2008 13:44

E chegou o último día: unha voltiña de nada entre Cangas e Moaña. Ao final, botamos toda a mañá navegando entre bateas de Cangas a Vigo, de Vigo a Cangas, de Vigo a Moaña. A mañá era agradábel, o vento bon e as vistas estupendas.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_preparando.jpg

Descosendo rizos na Lura e na NovaMaruxa antes de sair.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_irmandinha.jpg

A Irmandiña, seguida das demais dornas, querendo chegar a Vigo antes que a motora.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_gamela.jpg

A gamela CarmenIII víase contenta de navegar novamente na súa ría.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_maruxa.jpg

A Peza de Rabo facéndolle unha pasada à NovaMaruxa.


En vez de atracar en Moaña, fomos ao peirao de Mera, onde nos agardaban os pinchos e o descanso final.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_mera.jpg

O inaudito: na entrada da Laranha a porto, Willy bogando.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_mera2.jpg

Entrada do galeón NovoSofía e da Vikinga.


Estupendamente instalado o grupo na escola de Moaña, a maioría, depois de xantar con Caterina, caeu na tentación de probar os colchóns, ausentes das nosas vidas durante unha semana.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_sesta.jpg

Sesta colectiva nunha das aulas da escola. Xogo: encontrade ao patrón.

Arredor das 20.00 horas, actividade voluntaria. En Moaña compartíamos escola cos participantes nun Campo de Traballo cuxo tema era a carpintaría de ribeira. Fomos ver en que consistía a actividade.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_carpintaria.jpg

A carpintaría é unha das poucas que sigue activa na ría de Vigo.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_bote.jpg

Bote carboeiro que o voluntariado do Campo está a restaurar.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_espionagem.jpg

Fernando e Salva aproveitaron que os carpinteiros andaban con explicacións para facer espionaxe industrial.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_carpintaria3.jpg

Por detrás dunha gamela de Lima que está a ser recuperada, a enseada de Moaña.

Por suposto, e non podía ser doutra maneira, a travesía acabou con festa e polbada.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cangas_moanha_festa.jpg

Preparándonos para atacarlle ao polbo.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Travesía Sur: Sexto día. Cíes-Cangas.

Categoría: travesía 08
Enviado: 21.08.2008 01:48

Foi este, quizás, o día máis emocionante e divertido de toda a travesía. Tivemos que erguernos cedo para desmontar o acampamento: a chuvia ameazaba acompañarnos, e acabou por chegar, seguida dun ventiño bon, moi bon, grandísimo. De rizos collidos tivemos que partir despois dunha longa espera polas nosas equipaxes.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_acampada.jpg

Recollendo o acampamento. A tempestade aí a ven.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_saida.jpg

A Vikinga arriando os cabos que a unían à Peza de Rabo.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_dorninhas.jpg

As embarcacións máis pequenas saíron cuns minutos de adianto para coller distancia.

As ondas do mar de Vigo agardaban por nós. Se dous días antes nos toleara a ausencia de aire, nesta mañá parecía que todo se xuntara para que non tivésemos tempo de rosmar.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_marbravo1.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_marbravo2.jpg

O galeón NovoSofía aparecía e desaparecía do horizonte da Peza de Rabo con cada golpe de mar.


http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_marbravo3.jpg

Por veces parecía que o mundo quería virar e dar a volta...

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_carmen.jpg

... e levar a gamela Carmen con el...

En menos de hora e media, record mundial, chegamos todas as embarcacións a Cangas.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_lura.jpg

A Lura entrando no abrigo de Cangas.


http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_atraque.jpg

O NovoSofía atracando no seu pantalán.

Unha vez en Cangas, xantar, ducha quente e tempo libre, agás para os patróns que houberon de baixar a media tarde para ensinar e explicar as embarcacións tradicionais ás autoridades locais. Un bocado máis tarde foron as autoridade locais as que recibiron ao grupo da Travesía no Salón de Plenos do Concello. Risos, agasallos e, pintxos!!
Que mellor premio para o día de chuvia e vento!!

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_visita.jpg

Mostrando a Irmandiña a autoridades e prensa.


http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cangas_pintxos.jpg

Ceados saímos do Concello con semellante fartura gastronómica.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Travesía Sur: quinto día. Illas Cíes.

Categoría: travesía 08
Enviado: 19.08.2008 17:52

O quinto día de actividade non comezou con navegación: tocaba día libre para desfrutar das Illas Cíes. Cadaquén podía facer o que máis quiser.
E así, unhas persoas optaron por ir para a praia dos Alemáns a darse un baño de sol; entretanto outras paseaban a illa e chegaban ao alto do Faro; un terceiro grupo facía unha visita guiada ofertada polo persoal do Parque Nacional. E algún [Willy??] pasaba a mañá a dormir.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_guia.jpg

No Alto do do Príncipe atendendo às explicacións da Guía do Parque.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_faropeito.jpg

Cabo Home e a costa de Soavela desde o Faro do Peito.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_banho.jpg

Baño no Faro do Peito.


Para o xantar tamén houbo diversidade de opcións: ou o maravilloso menú do Comedor do Campo de Traballo, ou o peixiño no Serafín. Iso si, pola tarde, o desquite coa costa da Soavela: paseo voluntario nas embarcacións para compensar o mareo do día anterior.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_veleiro.jpg

Fondeado ao noso carón, o veleiro que todos quixéramos ter.


http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_fer.jpg

Larry cedeulle o mando da Peza de Rabo a Fernando por unha vez e sen que sirva de precedente.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_ilhasul.jpg

Irmandiña e Lura ao pé da Illa Sur de Cíes.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_cabohome.jpg

O Cabo Home entre as drisas da Peza de Rabo.

Como comezou a entrar a néboa tivemos que acabar antes o paseo. Pero compensou .

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_cies_neboa.jpg

Cíes e Irmandiña entre a néboa.

Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 4
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 12:55 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous