Enviado: 14.08.2008 15:49
A travesía en embracacións tradicionais non é posíbel sen dúas componentes: os barcos e os seus patróns. Na segunda travesía participaron os que seguen:

A gamela Carmen III chegou de Vigo, por medio da Asociación Breadouro.

A buceta Laranha veu da man da ACD Dorna.

Jorge e Salva, patróns da Carmen a Laranha, contentos de reencontrarse.

A Irmandiña, a dorna máis grande, chegou do Grove através da Arousa, pois a ten en depósito a ACD Dorna.

Uxío foi o seu patrón, e esta foto é do único momento en que o pillamos serio.

A dorna Lura veu tamén da Illa de Arousa.

Parada conseguiu levala a porto contra vento e marea [e Salva gosta de sair en todas as fotos].

A Nova Maruxa, lucindo o emblema da ACD DORNA.

A Vikinga veu desde Ribeira, através da Asociación Lajareu.

Ignacio, patrón da Nova Maruxa, e Fernando, patrón da Vikinga, compartindo xantar na praia.

O galeón NovoSofía veu da man da Asociación Rabandeira, de Vilanova de Arousa.

Moitos patróns pasaron polo NovoSofía, pero os que máis tempo compartiron con nós foron Luis e o Señor José, aquí acompañados por Sendi, o Coordinador da travesía.

A dorna máis veloz: a Peza de Rabo, chegada tamén da Illa de Arousa.

Larry, o seu patrón, facendo banda para sacarlle distancia à Irmandiña.












