Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Setembro 2008 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Administrador

FOTOS DE BREST

Categoría: Brest 08
Enviado: 22.09.2008 13:37


Como xa estaba anunciado (dende hai dous meses ) tedes na páxina de Dorna as fotos de Brest, onde abundan aqueles eventos nos que estivemos máis implicados, ademáis de algunha visita a outros países que tamén foron convidados de honra.

Un acontecemento importantísimo no que Galicia foi un dos países convidados. e a escola de navegación tradicional de Dorna implicada en tódalas actividades.

O autor desta reportaxe fotográfica é o noso compañeiro da escola, Luis da Fonte.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

MENÚ DA CEA DA ESCOLA

Categoría: escola
Enviado: 20.09.2008 10:38

Para ir abrindo o apetito aí vai o menú da cea de fin de tempada:

ENTRANTES: Tortilla, croquetas de bacallao e mexilóns en salsa.

PLATOS: Langostinos á plancha, zamburiñas en salsa, camaróns e cabrito ó forno ou tenreira.

VIÑOS : Ribeiro e tinto país.

POSTRE: Tarta xeada.

CAFÉ E CHUPITOS


Bon apetit....!

http://acddorna.org/blog/upload/cabrito-romero.jpg
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

CEA DA E.N.T. DORNA

Categoría: escola
Enviado: 18.09.2008 09:15

Remata a tempada e para celebrar o sinfín de actividades, encontros, navegacións e regatas, a Escola de Navegación Tradicional da A.C.D. Dorna vai facer a cea que este ano será no TAMANACO ( como o ano pasado) Para anotarse, saber que o prezo é de 25€ e que o día escollido é o 18 de Outubro. Para facer o pagamento podedes falar con Uxío, Salva ou Carterola na mesma escola os mércores ou venres polas tardes. Para os que non vos podades acercar ata alí, tedes o teléfono da secretaria de Dorna que vos facilitará unha conta onde ingresar os cartos. O aforo é de 150 persoas.

TELÉFONO:649190098
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 18.05.2013 15:51 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous