Enviado: 30.11.2008 20:28
Durante esta fin de semana celebráronse os actos conmemorativos do XXX aniversario da asociación Dorna. Houbo música, exposicións e ata un serán. Tamén os barcos tradicionais tiveron un oco na programación. O lugar da celebración foi o flamante edificio multiusos do concello e a verdade é que resultou un marco fermoso para a exposición de embarcacións. Velaí unhas imaxes que o proban.



