Enviado: 08.02.2009 12:47
[i
A próxima edición da Volta a Arousa será a XXV e a ACDDorna quere rodeala dunha serie de actividades que a realcen, unha regata de dornas que cumple esa idade meréceo. Para iso o sábado pasado un grupo de xente da Escola de Navegación Tradicional reuniuse para propoñer temas como : recompilación de cartaxes, videos, exposicións, entrevistas con antigos participantes da volta,... En fin, poñémonos en marcha para este evento.Calquera persoa que queira aportar algunha idea, pode poñerse en contacto a través do correio ( acddorna@yahoo.es )



