Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Marzo 2009 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Administrador

COMEZAMOS COS BARCOS GRANDES

Categoría: mantemento dornas
Enviado: 22.03.2009 12:41

Esta semana leváronse os barcos máis grandes a Tragove para facer os traballos de limpeza e mantenemento que lles corresponden.

Dende O Bao foron remolcados polo "Rei do Mar" e o xoves empezou o lavado por fora coa mangueira a presión. Antes houbo que sacarlles o empanetado, o chumbo e todo o aparellamento, este último transportouse a Vilaxoán.


Velaí os dous barcos, xeiteira e Peza de Rabo en Tragove xa arriba
http://acddorna.org/blog/upload/P1000825.JPG


A Peza de Rabo
http://acddorna.org/blog/upload/P1000828.JPG


Primeiro lavado
http://acddorna.org/blog/upload/P1000832.JPG


O chumbo xa descargado ( ai o lombo!... )
http://acddorna.org/blog/upload/P1000833.JPG


A Nova Marina tamén recibiu a súa ración de auga
http://acddorna.org/blog/upload/P1000842.JPG


A Nova Marina descansando en Tragove
http://acddorna.org/blog/upload/P1000829.JPG
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

TRABALLO E VISITAS NA NAVE DE VILAXOAN

Categoría: asociacións
Enviado: 15.03.2009 18:41

Esta fin de semana, como xa temos anunciado, seguimos coa limpeza e baldeado con auga a presión das dornas. Así quedarán listas para o alquitrenado, os traballos de carpintería e o pintado que, en cada caso, precisen.

http://acddorna.org/blog/upload/P1000054.JPG
Un momento da limpeza das dornas.


Mais tamén recibimos dúas visitas.
O venres achegouse por alí o sr. Recuna, dono da nave onde gardamos as nosas embarcacións, e que tan xenerosamente nola ten cedida.
E o sábado, dous representantes da asociación escocesa GALGAEL, acompañados por Antón Pais da FGCMF, visitaron as instalacións para observar a tipoloxía e características dos nosos barcos.


http://acddorna.org/blog/upload/P1000051.JPG
Os escoceses mostráronse moi interesados pola tipoloxía das nosas embarcacións.



http://acddorna.org/blog/upload/P1000066.JPG
Nun momento da visita os representantes de GALGAEL chegaron a observar unha dorna arbolada.



GALGAEL é un ambicioso proxecto reivindicativo e de tipo social que, entre as súas moitas actividades, está a da carpintería de ribeira para a recuperación e memoria de embarcacións tradicionais escocesas.
A súa sede está en Govan (Glasgow) e a súa web podédela visitar ao través da nosa ligazón que atoparedes ao final da columna esquerda desta páxina.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Outra tarde de traballo

Categoría: mantemento dornas
Enviado: 14.03.2009 00:54

A cousa vaise animando e comezamos a tomarlle o pulso ao traballo de mantemento das dornas. Arranxados os problemas técnicos, hoxe poidemos iniciar a lavaxe das embarcacións e a limpeza da nave onde traballaremos até o mes de maio.

http://acddorna.org/blog/upload/tarde2.jpg
Parte das dornas hibernando en Vilaxoán.

http://acddorna.org/blog/upload/tardes1.jpg
Uxío mollándose no asunto da limpeza.

Dúas embarcacións precisarán dunha adicación especial por parte das persoas voluntarias:

http://acddorna.org/blog/upload/bote_de_fisterra.jpg
O novo bote de Fisterra, ou canoa, ou buceta, como queirades dicirlle.

http://acddorna.org/blog/upload/dorninha_tope.jpg
A dorniña de tope.

Ambas as dúas necesitan unha boa axuda antes de voltar ao mar.

Lembrade que estaremos en Vilaxoán as tardes de venres e sábados apartir das 17.00.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

TRABALLANDO NA NAVE DE VILAXOÁN

Categoría: mantemento dornas
Enviado: 08.03.2009 21:24


Esta fin de semana comezou a actividade de mantenemento das embarcacións da escola. Nun primeiro contacto, os patróns decidiron a conveniencia de comezar polo lavado a presión das dornas. Tamén medíronse e clasificáronse para enviar ó ficheiro da federación.

Velaí unhas imaxes das dornas esperando a súa preparación para a nova tempada

http://acddorna.org/blog/upload/P1000814.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/P1000816.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/P1000819.JPG
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 22.05.2013 21:48 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous