Enviado: 19.04.2009 21:09
O sol empeza a quentar e iso quere dicir que estamos xa moi preto de navegar. As dornas deben estar xa case preparadas e este sábado a actividade foi importante na nave de Vilaxoán. Non tedes máis que ver nas imaxes como os tripulantes, os patróns e os futuros patróns traballaban para ter a punto as embarcacións.
Iogui na súa Caracola
Santi na vella dorna que trouxo recuperada do seu taller en Santiago
Hugo coa Bandalla
Calixto, Andrea e Queca traballando na Lura
Lino pequeno pintando a Laberca
Loli, Manolo e Xabier coa Carminha
Este é Parada facendo un tarabelo
Marcos e Sergio coa Noelia
Charla de patróns
Ó rematar o traballo acercámonos ata o varadero de Vilanova onde está a Irmandinha, esperando que durante esta semana estea lista para ir ó mar
Sergio (diante) e Salva coa Irmandinha protexéndose do frío



