Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xuño 2009 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Administrador

UNHA RETIRADA A TEMPO É UNHA VICTORIA

Categoría: regatas
Enviado: 28.06.2009 18:33

A tempada de regatas deste ano comezou cunha especial preocupación por garantir a seguridade en todas as carreiras: obriga de ter as embarcacións aseguradas, de levar chalecos salvavidas a bordo, de ter flotabilidade nos barcos. E o día de onte demostrou que todas estas novidades son necesarias. Aínda que resultou frustrante para case todas as tripulacións, a organización veuse na obriga de suspender a XXV Volta á Arousa por causa do vento, que facía perigar a seguridade das persoas participantes.

Comezou a actividade cedo. A edición da Volta à Arousa deste ano era especial: facía 25 anos.

No Bao preparouse unha grande carpa na que o público podía gozar do visionado de películas con imaxe de anteriores voltas e de dúas exposicións. Unha, a dos 30 anos da ACD Dorna.

http://acddorna.org/blog/upload/carpa2.jpg

A segunda, especial para esta edición desta regata: cartaces con todas as dornas vencedoras nos 25 anos de historia da Volta a Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_4.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_5.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/expo25_6.jpg

A medio día comezou a aumentar a actividade. Chegaban tripulacións, dornas, e perto das catro da tarde xa andaban todas no mar a aparellarse. As predicións xa falaban de ventos fortes, pero ninguén quixo desanimarse.

http://acddorna.org/blog/upload/aparellando3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/aparellando4.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/aparellando5.jpg

Ás catro da tarde deuse a saída con respectuosos refachos de vento xa na enseada do Bao. A inscrición foi parella á importancia do evento: 62 dornas tomaron a saída. Chegaron de Ribeira, Cambados, Vilanova, Ogrobe, Portonovo, Cangas e, por suposto, da Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/saida1.jpg
A saída desde o mar.

http://acddorna.org/blog/upload/saida3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/saida6.jpg

Xa camiño da Pasante da Ponte, onde estaba situada a segunda boia, deu problemas o vento. Unha dorna deu volta, tronzaron un par de paus, houbo varios abandonos...

http://acddorna.org/blog/upload/pasante1.jpg

Cando as dornas en cabeza da regata estaban chegando a Carreirón, a organización decidiu suspender a carreira, visto o estado do mar, o aumento da forza do vento e a perigosidade de facer en popada a metade da regata, soprando como sopraba de sur.

E as dornas comezaron a chegar de volta:

http://acddorna.org/blog/upload/suspensom3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/volta4.jpg

Aínda non eran as sete da tarde e xa todas as tripulacións estaban a recoller aparellos e barcos.

http://acddorna.org/blog/upload/recollendo3.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/recollendo5.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/final.jpg

Nun ambiente festeiro e animado, a pesar dos contra-tempos, a xente agardaba pola decisión da organización. Finalmente optou por convocar ás persoas participantes para facer o intento outra tarde deste verán e non deixar sen gañador o cartaz da 25 Volta á Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/agardando.jpg
Tripulacións á espera de novas

http://acddorna.org/blog/upload/ambiente1.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/dornas_gente.jpg

O que si tivo bo fin foi a I Volta á Illa en Bici, que chegou na hora prevista, pero sen poder compartir boa parte do recorrido por terra coas dornas no mar.

http://acddorna.org/blog/upload/bicis1.jpg

http://acddorna.org/blog/upload/bicis4.jpg

Para sacar o mal sabor de boca, acabou o día con petiscos para todo o mundo e agasallo especial para todas as tripulacións: unha insignia comemorativa destes 25 anos.

http://acddorna.org/blog/upload/pinchos.jpg
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

PRESENTACIÓN DA XXV VOLTA A AROUSA

Categoría: regatas
Enviado: 24.06.2009 13:56

Onte, 23 de xuño, no salón de plenos do concello da illa de Arousa tivo lugar a presentación da próxima volta á Arousa, a número 25. O acto estivo presidido por unha gran pancarta conmemorativa deste evento así como nos laterais do salón por vintecatro cartaxes correspondentes ós vintecatro gañadores de tódalas edicións.Nas mesas colocáronse os trofeos que se entregarán o próximo sábado.

http://acddorna.org/blog/upload/mesasin.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/carteisga%F1adores.JPG


Na presentación estivo, ademais do presidente da ACDDORNA, Uxío Allo, o alcalde, Manuel Vázquez e pola Federación pola Cultura Marítima e Fluvial, Fernando Piñeiro. Tamén na mesa principal estiveron o presidente da Federación de Empresarios da illa de Arousa, un representante de Arousa en Bici e o xefe de estudos do CEIP Torre da illa de Arousa.

http://acddorna.org/blog/upload/mesacon.JPG


Os distintos integrantes da mesa salientaron a relevancia desta edición e manifestaron a súa satisfación por chegar a esta vintecinco con maior forza que nunca. O presidente da Federación de Empresarios xunto co representante do colexio calificaron de moi positiva a realización dos debuxos dos nenos/as que pode verse nos comercios do concello, así como na entrada da casa do ídem. Velaí unha pequena mostra.
http://acddorna.org/blog/upload/debuxo1.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/debuxo2.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/debuxo3.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/debuxo4.JPG


http://acddorna.org/blog/upload/debuxo5.JPG


Esta volta vai ter outra volta paralela: a volta á Arousa en bici que conta coa organización da asociación "Arousa en Bici" e do concello. Esta ruta ciclista seguirá, na medida do posible, a volta das embarcacións tradicionais pola ruta dos cons.

http://acddorna.org/blog/upload/cartel09.JPG

Seguindo co transcurso da presentación, visionouse uns minutos de distintas edicións da volta á Arousa que serán reproducidos o mesmo día da regata no Bao, nunha película que dura 2h e media. Esta película foi filmada e montada pola sección de audiovisuais da ACDDorna, coa axuda do coordinador da volta "Carterola". Precisamente este patrón fixo unha breve descrición da saída,do percorrido e da chegada, que será nun sentido ou noutro dependendo do vento.http://acddorna.org/blog/upload/carte.JPG

Estades convidados á esta xxv volta á Arousa o sábado 27 no Bao ás 16h. Boa regata e boa navegación
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

COMEZA A TEMPADA DE REGATAS: TROFEO FASQUÍA

Categoría: regatas
Enviado: 08.06.2009 23:04

O sábado pasado, 6 de xuño, comezou a tempada de regatas co Trofeo Fasquía celebrado no peirao do Xufre na illa de Arousa. Esta regata entra dentro do Trofeo Galicia de dornas a vela. O número de embarcacións rondou as corenta cunha aplastante participación da asociación Dorna.
A clasificación dos dez primeiros é a que sigue:

1ª..................Cariñosa (Dorna)

2ª..................Nécora (Dorna)

3ª.................. Jalerna (Dorna)

4ª.................. Bazarra (Dorna)

5ª.................. Mimela (Dorna)

6ª.................. Fuxe ( Dorna Meca de O Grove)

7ª ................. Caracola (Dorna)

8ª................... Lusiña

9ª....................Xarandeira ( Fasquía)

10ª.................. ForzaR


Aí vos deixamos unhas magníficas imaxes da regata cedidas moi amablemente pola fotoperiodista Martina Miser.


Empopada
http://acddorna.org/blog/upload/d1%5B1%5D.jpg


Ricardo e Carterola na Jalerna

http://acddorna.org/blog/upload/d3%5B1%5D.jpg


Braulio e Harry da Nécora realizando unha trasluchada
http://acddorna.org/blog/upload/d2%5B1%5D.jpg


A Semparada de O Grove en primeiro plano e detrás a Betibú de Dorna
http://acddorna.org/blog/upload/d5%5B2%5D.jpg
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 06:41 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous