Enviado: 30.07.2009 12:47
Un tema recurrente na navegación é o dos nós tan imprescindibles nunha embarcación. Na escola sempre aprendemos a través da práctica: a lasca para a vergha, as voltas de caverna para determinados amarres, o as de guía para atracar,... Eiquí imos a expoñer un remate para os chicotes que se chama cú de porco (as imaxes dan fe da razón do nome) e que vai ser moi útil para todos aqueles cabos ós que hai que facer un remate para que poidan encanar millor ou para que non desfíen.
Unha vez que teñamos o chicote desfíase
Unha vez desfiado vai tomando forma o nome deste remate
Encánanse os cabiños que quedaron soltos.
Xa no chan dáselle forma












