Enviado: 30.09.2009 00:07
Coa axuda das fotos de Olga, que podedes ver ao completo no álbum, podemos resumir o que foi a GRANDE REGATA PODRÉN.
Colocando temóns e veleando.
Quedáramos na saída, coas dornas loitando entre elas e contra a encalmada para enfilar o camiño cara a batea. Entre dúas estratexias optamos os e as regatistas: atravesar contra Vilanova ou achegarse a terra para encontrar un ventiño. Chegando á batea, parecía que o vento daba a razón a quen se achegaba desde o Terrón.
As dornas coa batea na proa; a batea coas dornas na popa.
A cousa chegou moi igualada ao primeiro punto de control, mais como a blogueira son eu, non podo facer outra cousa que mostrarvos a estupenda manobra da Jaivota facéndolle unha pasada por proa á Bandalla.
Lino e Susana ganándolle a posición a Larri e Patricia.
A Mimela e a Forza R pasando a batea.
A encalmada era tan grande que o mar semellaba un espello.
A Laberka, a Rosalía e a Zenaida.
Houbo encontros e encontronazos durante todo o recorrido, pero somos unhas persoas tan pouco competitivas e tan olímpicas niso de que o importante é participar que os xuíces no recibiron unha soa reclamación.
A Noelia e a Bazarra en colisión. Quen tiña preferencia?
O recorrido da regata consistía na realización de dúas voltas ao triángulo marcado inicialmente. Entre a boia de terra e as dornas grandes era necesario realizar unha lenta empopada.
A Laberka, a Betti Boop e a Rosalía de empopada.
Na segunda volta destacáronse nas primeiras posicións a Javiota e a Zenaida. Pero como as súas tripulacións non ven a boia, pensaron que non había que facer a idem de terra, polo que se lle achegaron perigosamente a Bandalla e a Laberka. Isto fixo que perderan toda a avantaxe que levaban e deu lugar a unha bordada final de infarto, digna dunha regata das grandes.
As dornas dobrando a boia para dirixirse á Irmandiña.
Na dorna meca, o caos. É recomendábel que sigades o proceso no Picasa para comporbardes que era a Javiota a que merecía gañar
.Cruzamento de dornas, velas, varas, podréns...
Ao final, a sorte aliouse con quen está afeito a ela, e Larri, co imprescidíbel apoio de Patricia, voltou gañar o presunto xamón que xa gañara en Cambados.
As dornas tiñan que varar na praia da Canteira.
Como sempre, mentres os campións xa recollen, algunha dorna loita por dobrar a boia de terra...
Despois disto, festa e merenda, ou merenda e festa. Recibimos o apoio dun verdadeiro cortador de xamón (Fernando) e rillámolo todo. Quedaron os ósos para un caldiño. Na última hora recibimos a visita de media parroquia de Abilleira (Muros) coa que compartimos o pouco viño que quedaba. Pero como as baterías das cámaras estaban agotadas, desta parte da tarde non temos fotos...




























