Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Outubro 2009 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

Os nomes do mar: concurso II

Categoría: os nomes do mar
Enviado: 29.10.2009 18:03

Despois de varios días de incertidume e misterio, pensamos que é o momento de desvelar cal é o con polo que preguntabamos hai unhas cantas mensaxes. A fotografía foi realizada na última viaxe deste verán: o día que levamos as dornas do Bao a Vilaxoán. O con está no puntal das Sinas, e alguén nos dixo que o coñecíades como as Tousas de fóra.


Vistas as discusións e debates provocadas polo primeiro concurso Cal é este con?, vai unha nova proposta, esta faciliña (até esta blogueira sabe a resposta):

Onde está este con (e este faro)? Como se chama?

http://acddorna.org/blog/upload/pombeiro7.jpg

Pista: a foto está sacada desde a Peça de Rabo.
Permalink Comentarios (9) Trackbacks ()

Larry Campión!!

Categoría: regatas
Enviado: 25.10.2009 16:22

Larry (Pardavila para outros), patrón da nosa escola de navegación, recolleu onte, durante a cea anual, a escultura que o acredita como campión do Trofeo Galicia de Dornas a Vela, que outorga a FGCMF.

Larry ben o merece porque:

Non dubida en acompañarse de unhas e outros na súa Bazarra, sexan expertos navegantes ou non, sexan Edu, Belén, Camba, Andreia, Luis da Fonte... a el tanto lle ten con tal de navegar...

É das persoas que sempre están dispostas a axudarnos aos/às podréns, sexa amañando unha vela, buscando un arrocamento ou rescatando patronas da auga...

Leva anos no grupo de patróns á frente da ENT, dando cursos e axudando a transmitir todo o que sabe...

Preocúpase polas suas tripulacións cando as leva na Peça de Rabo: se pasan medo, se teñen frío, se se marean...

Aprende todo o que sabe, sexa a mellor maneira de levar a caña, como levar tesa a relinga ou como roubarlle a posición a outra dorna...

En fin, é un patrón dos de verdade.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_sur_patrons5.jpg
Larry na Peça de Rabo, nunha das travesias do verán pasado.
Permalink Comentarios (8) Trackbacks ()

Presentación do libro de poemas de Susana

Categoría: actividades paralelas
Enviado: 25.10.2009 15:38

O pasado venres 23 de outubro tivo lugar, como xa tiñamos anunciado, no Mulitusos de Arousa, a presentación do libro de poesía "[de]construçom" da nosa compañeira de navegación e blogueira maior da Asociación, Susana Sánchez Aríns.
Ao acto asistiron os amig@s, compañeir@s, familiares e quen non quixeron perde-la oportunidade de escoitar á autora comenta-lo seu libro e recitar varios dos seus poemas.


http://acddorna.org/blog/upload/P1010184.JPG
Non podemos vela porque está ocupada asinando exemplares do seu libro.


Entre o público o comentario xeral foi de admiración polo xeito de recitar da nosa poetisa e pola empatía coa que sabe comunicarse.
Na presentación estivo acompañada por Rosa Herraiz Cabanas, arquitecta, autora das ilustracións do libro e compañeira de Susa no proxecto material de construir unha casa e tamén de "de-construila "despois, de xeito inmaterial, no libro que presentaron. Rosa falou da súa colaboración e explicou a xénese dalgunhas das ilustracións.


http://acddorna.org/blog/upload/P1010185.JPG
Obra poética, obra de albanelería, obra pasteleira, ... ningunha obra se lle resiste a Susa.


A velada poética complementouse coa actuación do grupo musical marinense DeZapal, onde toca Javier Blanco ( outro dorneiro da nosa Escola) que interpretou tres temas sobre tres poemas do libro de Susa.


Quen inda non teña o libro pódeo mercar na librería Castelao de Arousa
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()

Travesía a Combarro no Youtube

Categoría: fotoló
Enviado: 24.10.2009 11:58

Coa chegada da chuvia e a retirada no Bao, xa nos podemos adicar a outros traballos e a outras navegacións. E así, surfeando pola rede, demos con este vídeo, gravado por Luís da Fonte, no que podedes admirar os sensuais e lanzais movementos da Irmandinha camiño de Combarro. Tamén podedes comprobar a forza que aplica Lía (e os seus musculazos) levando a caña para dominar a empopada...

http://acddorna.org/blog/upload/chicolino_irmandinha4.jpg
A Irmandinha cando voltou das súas vacacións no Grove.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 5
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 16.09.2014 17:24 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous