Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Novembro 2009 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30

Administrador

Traballo en Vilaxoán

Categoría: escola
Enviado: 26.11.2009 16:50, Editado: 26.11.2009 16:07

No blogue do lado, é dicir, na Fungona, imaxes do traballo realizado na nave de Vilaxoán o fin de semana pasado. Parece mentira que poidera quedar así!!

http://acddorna.org/blog/upload/expo_vilaxoan_antes1.jpg

O antes...

http://acddorna.org/blog/upload/Exposici%F3n%20Dorna_002.JPG

...o despois.

Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

A presentación do libro de Susa en Youtube

Categoría: persoeiros
Enviado: 24.11.2009 22:06

Hai un mes, o pasado 23 de outubro, asistimos a presentación do libro de poemas, "[de]construçom", da nosa compañeira de Dorna Susana S. Aríns .
Entre a moita xente que asistiu ao acto estaba o noso, tamén, compañeiro de travesías e travesuras, Luis da Fonte quen gravou un vídeo sobre o acontecemento.
Lembraredes que foi no Multiusos do Concello de Arousa e que Susa estivo acompañada no escenario polo grupo musical DeZapal.
Por se non o lembrades podedes olla-lo vídeo aquí e aquí.

Outras facetas de Susa:
http://acddorna.org/blog/upload/SDC10039.JPG
Susa ,este verán, dando explicacións despois de dar A Volta a Arousa.( Recorte, sen permiso, dunha fotografía de Olga.)
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Serán de Arousa na Sala Capitol

Categoría: Grupo de música
Enviado: 20.11.2009 09:40

Lembrádevos que mañá sábado celebraremos o serán de Arousa. Será na sala Capitol, a carón do Con do Moucho.
Cantaremos, bailaremos, comeremos e beberemos.
Apuntádevos a todo que vos esperamos.


http://acddorna.org/blog/upload/P1000252.JPG
Organizado pola sección de música e baile tradicional de ACD Dorna
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

As sete diferencias

Categoría: fotoló
Enviado: 19.11.2009 21:55

Pasatempos para o inverno: encontrade as sete diferencias entre estas dúas imaxes tan semellantes. Haberá premio para quen gañe.

http://acddorna.org/blog/upload/neno_pinhas_castelao.jpg

Castelao: O Neno das Piñas

http://acddorna.org/blog/upload/queixumes%20dos%20pi%F1eiros.JPG

Marro: Queixumes dos piñeiros.
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 19.05.2013 20:10 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous