Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Febreiro 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28

Administrador

ESTREA DE MAR LIBRE

Categoría: Películas
Enviado: 22.02.2010 20:25


O pasado venres 19 de febreiro tivo lugar a estrea de Mar Libre a tvmovie totalmente galega e dirixida por Dani de la Torre, que supuxo para algúns patróns o seu bautismo de cine e para algunhas nosas embarcacións o comezo dunha fulgurante carreira cinematográfica. Os patróns saen ghuapos, pero as embarcacións están irresistibeis.

http://acddorna.org/blog/upload/mar_livre_viagem_tempo.jpg


Proximamente será emitida na TVG, pero nós xa tiñamos un pequeno avance. Non tedes máis que ir ó álbum de fotos de Dorna e alí sae unha reportaxe sobre a viaxe de acompañamento ó equipo de Dorna á illa de Sálvora onde se rodaron moitas esceas.

http://acddorna.org/blog/upload/mar_livre_lira_fim.jpg



A presentación foi exitosa: sobre mil persoas visionaron a película e antes da proxección falaron para o público o equipo artístico e o equipo de produción.

Que teña boa travesía...
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

CARTAS DO REI

Categoría: escola
Enviado: 17.02.2010 22:05

As socias e socios e simpatizantes da ENT recibirán proximamente unha carta para lembrar o acordado na última asamblea.

Tamén lembrarvos que sigue vixente a figura de socio-protector e ante numerosas peticións tamén se vai facer constar a figura de socio-colaborador, que consiste nun donativo que non precisa ser devolto, ó contrario que o socio-protector.

http://acddorna.org/blog/upload/cuberta_rei_do_mar15.jpg

Esta fin de semana, últimos días de entroido, é o límite do descanso na Escola. Acabouse a festa. Preparade botas e roupa vella e a traballar...
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

No continente.

Categoría: embarcacións
Enviado: 09.02.2010 11:44

Non é o mellor, pero de vez en cando ten que ser: as embarcacións grandes, e os seus patróns (caso máis difícil) abandonaron o mar e a Arousa para achegarse ao continente.
Tocaron terra no porto de Vilanova para pasar a rotineira limpeza de cada inverno e a reparación de todos os golpes e magulladuras do verán.


http://acddorna.org/blog/upload/Limpeza_barcos_vilanova1.jpg
A Irmandinha submeteuse a unha limpeza de cute.


http://acddorna.org/blog/upload/Limpeza_barcos_vilanova2.jpg
A estetisien Uxío lavando a face do barco.


http://acddorna.org/blog/upload/Limpeza_barcos_vilanova3.jpg
Na estampa de popa, a forza dos temporais. Hai que reparar.


http://acddorna.org/blog/upload/Limpeza_barcos_vilanova4.jpg
A Nova Marina agarda quenda no pantalán do Novo Sofía.


http://acddorna.org/blog/upload/Limpeza_barcos_vilanova5.jpg
O Rei do Mar xa fixo amigas de dúas rodas.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

O REI DO MAR MAÑÁ NO VARADERO DE VILANOVA

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 02.02.2010 21:52


http://acddorna.org/blog/upload/rei_do_mar_cegado.jpg
O Rei do Mar visto por Xaquín Fabeiro, da xente da Abelleira.

Aviso a tódolos/as que poidan acercarse mañá mércores 3 de febreiro polo Bao ás 17 h, que se vai levar o Rei do Mar ata o varadero de Vilanova e alí procederase á súa limpeza.
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 21.05.2013 09:35 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous