Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Marzo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Administrador

Ai a irmandinha!

Categoría: embarcacións
Enviado: 15.03.2010 01:11

Mentres uns traballabamos no Rei do Mar, Juan Servando e o seu axudante Santi avaliaban o alcance da avaría na Irmandinha. A madeira podre da estampa de popa fixo ben o seu traballo e apodreceu mais do que parecía ao comezo. Ten bo traballo...

http://acddorna.org/blog/upload/avaria_irmandinha1.jpg

Santi e Juan Servando traballando.

http://acddorna.org/blog/upload/avaria_irmandinha3.jpg

A madeira podre oteando o horizonte.
Permalink Comentarios (4) Trackbacks ()

Traballo en Vilanova

Categoría: mantemento dornas
Enviado: 15.03.2010 01:05

Este fin de semana continuou o labor en Vilaxoán e Vilanova. O venres o traballo foi na nave,mais o sábado, aproveitando a tarde estupenda que había, estivemos en Vilanova re-atendendo ao Rei do Mar. Mentres uns lle daban á raspeta, outros dábanlle ao minio e ao aceite.

http://acddorna.org/blog/upload/lino_inhaki_raspeta.jpg

Lino e Inhaqui rañando-lhe os picores ao rei.

http://acddorna.org/blog/upload/parada_marro_pintores.jpg

Marro e Parada descansando da pintada.

http://acddorna.org/blog/upload/marro_jacobeu.jpg

Marro capitaneando o galeón directa ao Xacobeu...


http://acddorna.org/blog/upload/relevo_geracional2.jpg

Debaixo da barriga do barco, o relevo xeracional.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

O PARLADOIRO DE ABILLEIRA

Categoría: fotoló
Enviado: 08.03.2010 18:20

En Arousa, como en todos os lugares, os vellos gostan de falar entre eles para contarse as historias e arranxar o mundo. Estes grupos xúntanse ó carón do mar e ó abrigo do vento que nese momento sopre: así hai un eitón na Abilleira, outro no Campo, no Cantiño...

O sábado, ó ir á Abilleira polo bote, descubrimos que o eitón desta praia quere ser un parladoiro e así estaba á saída da rampa:

http://acddorna.org/blog/upload/parladoiro1.JPG

E que si hai ganas, nin concello nin deputación. Ata serviu de acubillo para algún mariñeiro nestes días de temporais...

http://acddorna.org/blog/upload/parladoiro2.JPG
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

DIÓXENES ATACA DE NOVO

Categoría: embarcacións
Enviado: 08.03.2010 17:59

Na procura de novas embarcacións a escola contactou co dono dun bote que se atopaba na praia de Abilleira.

http://acddorna.org/blog/upload/bote1.JPG

O bote era grande e nós non eramos suficientes, así que quedou na praia á espera de que fora posible a subida ata a estrada e dalí ó remolque.

http://acddorna.org/blog/upload/bote4.JPG

A embarcación é xeitosa, pero grande. Xa atoparemos o momento para o seu traslado.

http://acddorna.org/blog/upload/bote2.JPG

Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 2
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 24.05.2013 06:54 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous