Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Abril 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30

Administrador

Adiviña II

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 29.04.2010 22:50

Pois si, o Rei do Mar abandonou a terra para submerxirse (literalmente) no mar. Fíxoo cunha puntualidade tan británica que chegamos tarde para lle facer as fotos do traslado.
Eis o está na rampla do peirao de Vilanova, en agarda de que inche a madeira para levalo ao seu mortiño do Bao.

Luce que é unha maravilla.

http://acddorna.org/blog/upload/em_seco_com_pau.jpg
O Rei, e detrás, Sofía (imaxinádeo con pau).

http://acddorna.org/blog/upload/enchoupadunho_dentro.jpg
Ao galeón entroulle auga nos adentros.

http://acddorna.org/blog/upload/em_seco_tronada2.jpg
O Rei do Mar, en seco agardando pola tronada
(imaxinade un modelo máis moderno de pau).


Irá mañá para o morto? Só os patróns o saben!
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()

Adiviña

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 29.04.2010 09:49

Que había aquí que xa non hai?

http://acddorna.org/blog/upload/que_havia.jpg
O oco deixado pola ausencia.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Xa temos folio

Categoría: Rei do Mar
Enviado: 22.04.2010 20:53

Como algunhas persoas insinuaban aí abaixo que a negra é unha cor moi mortecina e aloitada, por facervos caso (e para que vexades que as suxerencias son tidas en conta) démoslle unha nota de alegría ao Rei do Mar.
Xabi Pena andou toda esta semana a pensar, deseñar. rotular e pintar o folio do galeón; e para iso tirou da pintura encarnada, moi chic ela.

http://acddorna.org/blog/upload/folio2.JPG
O artista executando a súa obra.


http://acddorna.org/blog/upload/folio4.JPG
O resultado final.


E ATENCIÓN!!

Para seguir fermoseando esta maravilla de embarcación, e outras que andan varadas por Vilanova e o Cabodeiro, quedamos mañá venres e o sábado as 16.30 (hora de Salva) para darlle patente aos barcos.
Quen poida vir, coma sempre, que avise ao excelentísimo director da ENT, para calcular número de rodos, brochas e luvas...

Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Traballo en Vilaxoán II

Categoría: mantemento dornas
Enviado: 20.04.2010 23:21

Para que digan que os homes non saben de traballos femininos, aquí os tedes dispostísimos tendendo a roupa (da Peça de Rabo) a secar. A ver se dam com o truco para sacarlle a piolla.
E a ver se para outra non nos queda a vela no barco todo o inverno...

http://acddorna.org/blog/upload/preparando_tendal1.jpg
Preparando o tendal.

http://acddorna.org/blog/upload/tendal_pesaderabo.jpg
Estendendo a roupa.

http://acddorna.org/blog/upload/tendal_pesaderabo1.jpg
Pendurando as sabas...
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 3
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 22.05.2013 08:46 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous