Enviado: 30.05.2010 16:36
---------------------------------------------------------------------------------------
O CARRIL-BICI e a ENT
Retomamos esta mensaxe (do 30 de maio), para informarvos que, na edición de Arousa do xornal Faro de Vigo de hoxe (2 de xuño), fanse eco desta noticia.
O enlace téndelo aquí.
-----------------------------------------------------------------------------------------
A nova tempada de navegación trae unha sorpresa:
Un carril-bici atravesa a praia da Canteira, pasando tan a rentes da casota da escola que vai dificultar considerablemente a entrada e saída dos aparellos que necesitamos para navegar.
Non entendemos este trazado e moito menos que non se nos consultara nin comunicara nada. As fotos son o suficientemente elocuentes... Era necesario?
Un carril-bici enriba da praia?









