Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xuño 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30

Administrador

Fina estampa II

Categoría: embarcacións
Enviado: 29.06.2010 23:21

Como a Irmandinha xa tiña arranxo e xa podía voltar ao mar, houbo quedada venres e sábado, para darlle alquitrén (xa perdera todo o dado na primavera) e patente.
O venres xuntámonos dez persoas (para pintar!, que capacidade de convocatoria!!) e traballamos arreo: nove pintando e unha de mans-limpas para a intendencia (que capacidade de organización!!).

http://acddorna.org/blog/upload/quadrilha_irmandinha1.jpg
Varrendo a cuberta antes de alquitranar.

http://acddorna.org/blog/upload/queca_equilibrista.jpg
Queca, a equilibrista, ultimando a proa.

http://acddorna.org/blog/upload/quadrilha_irmandinha2.jpg
Dando patente coas táboas de recoller xa alquitranadas.

http://acddorna.org/blog/upload/fina_estampa_irmandinha2.jpg
Últimos retoques para acabar o traballo.

E a Irmandinha quedou preparada para ir ao mar o mesmo venres.
Como o fixemos tan ben e mereciamos um premio, decidimos que a quedada do sábado ía ser para facer unha pachanga no Bao, como preparación de cara a Volta ao Mundo do próximo sábado día 3.

E nesta pachanga improvisada participamos 15 dornas, todas da ENT Dorna (que capacidade de encher reghatas!!)

http://acddorna.org/blog/upload/pachanga_bao_junho.jpg
Distribuindo tripulacións (e máis dornas que podiamos encher...)
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Fina estampa I

Categoría: embarcacións
Enviado: 29.06.2010 22:59

Lembrades a avaría da Irmandinha? Aquela estampa de popa que apodrecera? Aquela que semellaba ter difícil arranxo?

http://acddorna.org/blog/upload/avaria_irmandinha3.jpg
Esta avaría?

Pois a dorna xa está para outra!! Xa podedes dar os parabéns ao carpinteiro que fixo a reparación:

http://acddorna.org/blog/upload/fina_estampa_irrmandinha.jpg
Fina estampa, si señor!
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

XXVI VOLTA A AROUSA

Categoría: regatas
Enviado: 28.06.2010 21:24

http://acddorna.org/blog/upload/DORNA%2520MAPA.jpg
O cartaz desta edición é obra de Patri Calviño

O próximo sábado 3 de xullo terá lugar lugar unha nova edición da Volta a Arousa ( ...e xa van vinte e seis) Alí estaremos no Bao a partir das 16.30. Boa regata!
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Brincando con lume

Categoría: actividades
Enviado: 24.06.2010 23:02

Por suposto, na noite das cacharelas, o Bao non había ser menos e organizou a súa, en competición cos outros barrios da Arousa.
Non queimamos unha dorna podre (a Marilús ao final segue a navegar), mais dou para saltar a fogueira e cear sardiñas (do xeito, nada de dinamita) e churrasco (do cortello, nada de granxa industrial).

http://acddorna.org/blog/upload/lumeiro_vau_pordosol.jpg
O carril-bici xa ten utilidade: asentar cabaletes de papatorias.


http://acddorna.org/blog/upload/lumeiro_vau_brinquedos.jpg
Os meniños (grandes e pequenos) xogando con lume.


Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 4
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 25.05.2013 02:37 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous