Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

AS PRÉSAS, MALAS CONSELLEIRAS

Categoría: escola
Enviado: 28.07.2010 19:54

Nunca foron boas as présas, e menos cando se trata da reparación dunha dorna como a nosa Irmandinha. Despois de tronzar o pao cando se dirixía a Vilaxoán o 17, rapidamente acadouse un pao en Boiro. Pero estaba moi seco e houbo que chimpalo ó mar este luns pasado, xa que ía abrindo cada vez máis. Todo isto para telo preparado para a xuntanza de galeóns de Vilanova, á que finalmente chegou co pao arbolado, inda que non navegou, por seguridade. Iso si, acompañou ó Rei do Mar ,con toda a súa dignidade, no peirao de Vilanova.


Eiquí tedes un video da saída que se fixo para a comprobación do ESTADO DO PAO

http://acddorna.org/blog/upload/irman.JPG
Preme na foto da "Irmandiña"

O vento que facía dificulta a escoita das conversas, pero si que se aprecia a bronca de Uxío por non levar chalecos
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Xuntanza de galeóns en Vilanova

Categoría: encontros
Enviado: 25.07.2010 13:30

Como xa anunciamos nunha mensaxe anterior, a véspera do Día de Galicia foi un día de concentración dos galeóns dos nosos mares. En Vilanova, grazas a magnífica organización da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e a Asociación Rabandeira poidemos ver moi de preto unha fermosa exposición destas embarcacións que, ata moi pouco navegaban abondosas polas nosas rías.

http://acddorna.org/blog/upload/gale%F3ns%20en%20Vilan..JPG
Os galeóns en Vilanova

A escola aportou a este evento as súas embarcacións grandes: a xeiteira "Nova Mariña", a dorna de tope "Peza de Rabo" , a dorna "Irmandiña" e o galeón recuperado (inda que non de todo) pola ENT ,"Rei do Mar"


http://acddorna.org/blog/upload/As%20nosas.JPG
Dúas das nosas


O primeiro acto foi o recoñecemento por parte da Federación e da asociación organizadoras da labor do noso dorneiro "Maior" e compañeiro de regatas o Sr. José Paz Brión quen recibiu un galardón como premio ao seu traballo en prol da Asociación Rabandeira, á que pertence, e da Cultura Marítima Galega.


http://acddorna.org/blog/upload/V%EDctor%20e%20o%20sr.%20Jos%E9.JPG
Victor e o señor José
http://acddorna.org/blog/upload/V%EDctor%2C%20Luis%20e%20sr%2C%20Jos%E9.JPG
O señor José con Víctor, Luis e Braulio, principais protagonistas da xuntanza. Co seu empeño e, sobre todo, co seu esforzo conseguiron un éxito nesta convocatoria


Parabéns ao Sr. José!

Despois deste acto, os galeóns e demais "tipoloxías", saíron da rada rumbo a Catoira nunha ruta xacobea polo mar e polo río Ulla.
Nós saímos cos nosos barcos grandes, a Nova Marina e a Peza de Rabo, para dar ambiente á partida, mais volvimos a amarrar ao non contar con motor para remonta-lo río.


http://acddorna.org/blog/upload/P%20de%20R%20bogando.JPG
Saímos pola abra de Vilanova ...
http://acddorna.org/blog/upload/N%20Marina.JPG
... a vogar ...
http://acddorna.org/blog/upload/Tra%ED%F1a.JPG
... en perfecta coordinación...
http://acddorna.org/blog/upload/amarrando.JPG
... para voltar a amarrar no porto.


Despois dunha reunión no "salón de actos" do "Rei do Mar" decidimos ir por terra ata Catoira para reunirnos coas tripulacións dos galeóns na comida á que estábamos invitados por parte da Federación.

http://acddorna.org/blog/upload/Rei%20do%20mar.JPG
O"Rei do Mar" canda a "Irmandiña", dándose a coñecer

http://acddorna.org/blog/upload/reuni%F3n%20no%20R%20do%20M.JPG
Reunión na sala de actos do "Rei do Mar"


Nada máis chegar ao campo das torres de Catoira topámonos cunha batalla campal entre os nativos do lugar e viquingos chegados de Noruega expresamente cun obxectivo: conquistar Galicia.

http://acddorna.org/blog/upload/Batall%20catoira.JPG
Preparando a festa Viquinga de Catoira:"Morremos coa risa"

Como somos estudados e xa sabiamos como ía acabar a historia, deixamos a viquingos e locais facendo das súas e recibimos aos galeóns para despois comer con tódalas tripulacións nunha carpa instalada en tan fermoso lugar.

http://acddorna.org/blog/upload/Os%20que%20pasaron.JPG
Algúns galeóns pasaron a ponte e amarraron no pantalán

http://acddorna.org/blog/upload/Non%20Pasaron.JPG
Os máis grandes tiveron que facelo un pouco máis abaixo


Comimos, sobre todo, polbo á feira. Despois de comer (xa sabedes como somos ) cantamos un pouco e, antes de regresar a Vilanova a polos barcos, despedímonos das tripulacións e dos galeóns no pequeno porto fluvial de Catoira.
Xa vos dixemos que comimos polbo á feira?


Unha vez no porto de Vilanova, armamos vela na "Xeiteira" e na "Peza de Rabo" e, agora si, saímos navegar e recibir aos galeóns que dende Catoira viñan arribar de volta a Vilanova.

Dende a "Peza de Rabo" divisamos:
http://acddorna.org/blog/upload/femdeus.JPG
A "Fe em Deus" de Povoa de Varzim
http://acddorna.org/blog/upload/gale%F3n1.JPG
O "Telefónica" de Sanxenxo
http://acddorna.org/blog/upload/gale%F3n2.JPG
O galeón "Evangelina" de Rianxo


O día rematou cunha cea nun bar na praia do Terrón. Inda que non tiñan polbo á feira, conformámonos cunhas sabrosísimas sardiñas asadas, xureis e churrasco. Houbo reparto de agasallos para as embarcacións participantes e despois de cear (xa sabedes como somos) cantamos un pouco máis que na comida.

http://acddorna.org/blog/upload/Na%20cea.jpg
Na cea

Ao saír de cear, no bar do lado, escoitamos cantareiras ao son dunha gaita e pandeiretas.
Entramos por ver que pasaba.
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()

Dornas do mundo

Categoría: fotoló
Enviado: 22.07.2010 19:40

Na ENT Dorna vén de ser organizado un grupo de investigación. O seu obxectivo é pesquisar a presenza de dornas no mundo, localizalas e incorporalas a unha base de datos coa finalidade de confirmar (ou non) as teorías carcamanas sobre a orixe desta embarcación.
Porque, a diferencia das teorías de Staffan Morling, na Arousa estamos convencidos de que foi aquí (e non nos países nórdicos ou Esposende), onde a dorna foi inventada.
A súa fasquía e sistema de construción foi levado polo mundo fóra polos atrevidos e intrépidos mariñeiros da Arousa, e non traidos aquí polos normandos.
A primeira parada da pesquisa é outra illa atlántica, a británica, onde a nosa enviada especial deu cos primeiros e exclusivos vestixios:

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas1.jpg
Un da Arousa navegando cara o norte (aínda andabamos coa vela à cruz).

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas2.jpg

Típicos carcamáns invadindo Norwich en embarcación de escarva.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

RUTA XACOBEA

Categoría: asociacións
Enviado: 22.07.2010 13:30

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial ven de organizar xunto a Asociación Rabandeira de Vilanova unha concentración de Galeóns e unha travesía xacobea polo Ulla, tal e como informa a prensa local e a páxina web da Federación.
Como Asociación integrante da FGCMF, nós tamén participaremos coas nosas embarcacións máis emblemáticas, ou sexa, coas grandes e, como non, co galeón "Rei do Mar" que, como din dende a Federación, por falta de axudas institucionais inda non está rematado, mais faremos o esforzo de "presentalo en sociedade" aos demais galeóns para que vaia facendo amigos.


http://acddorna.org/blog/upload/barcos%20G.JPG
"Os barcos grandes"(Foto de Olga)

A concentración é no porto de Vilanova e a saída río arriba está prevista para o sábado 24 ás 10:30 dende o mesmo porto.
@s que esteades interesa@s en participar coas nosas embarcacións aparecerdes por alí ás 10:00.
Armaremos vela.


http://acddorna.org/blog/upload/O%20Rei.JPG
O galeón da ENT, esperando no Vao.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
« Primeira « Anterior
1 de 5
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 19.05.2013 23:36 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous