Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

Novas embarcacións: a Pintora.

Categoría: embarcacións
Enviado: 01.07.2010 23:34

Unha das actividades que realiza a ENT Dorna, quizás a menos visíbel, é a recuperación e mantemento de vellas dornas, rescatadas moitas veces xusto a tempo de evitar a súa transformación en lume de fogueira. Este é un traballo que facemos durante o inverno para poder lucir no Bao chegada a tempada de verán.

Cada ano incorpóranse renovadas embarcacións a nómina da ACD Dorna, e desde aquí queremos presentárvolas todas. Nestes días mostrarémosvos as recén chegadas, as dornas do ano 2010.

E queremos comezar con unha que, máis que recuperada, debemos dicir que cambiou de amo, porque estaba en moi bo estado. A Pintora agora é de Jorge, que a ten no Bao entre todas as nosas, e antes foi de Ricardo, visitante asiduo do noso blogue.

http://acddorna.org/blog/upload/dornas_pintora1.jpg
A Pintora ten quen a pasee polo mar da Arousa.
Permalink Comentarios (3) Trackbacks ()

Século XXI

Categoría: fotoló
Enviado: 01.07.2010 23:25

A dorna é unha embarcación tradicional e, como tal, non pode ser atribuída a súa invención a ningunha persoa concreta, como podemos facer co teléfono ou o windows vista.

A dorna é froito de séculos de experiencia de milleiros de mariñeiros. Un día un achou de menos unha maneira simple de amarrar as drisas, e deu coa cornamusa; outro día, outro (ou o mesmo) botou tempo de máis a colocar o temón, até que deu co fiel; así sucesivamente. Canta xente non daría quilla arriba até dar coa eslora xusta, o peso certo, o lugar do pau...

Mais a dorna evolúe co uso, e novas necesidades traen novas funcións e novos aparellos. Se a embarcación foi sendo perfeccionada decenio a decenio, agora pouco faltaba por acrecentarlle para facela perfecta.

Menos mal que na ENT Dorna temos cerebros pensantes navegando sempre cara o horizonte, que é a utopía.

Así, os tripulantes da Betty Boop, Inacio e Calixto, acaban de dar coa innovación que marcará a entrada das dornas no século XXI. Non é o gipiese incorporado, non é un localizador dixital de refachos, non é un viravelas-tornamalas. Non:

http://acddorna.org/blog/upload/dornas_pousalatas1.jpg

É o pousa-latas, para que non se perda un chisco de cervexa!
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 06.09.2010 00:52 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous