Enviado: 03.07.2010 11:23
O ventiño fresco que xa sopra agora de mañá e as previsións de máis vento aínda para esta tarde, obrigaron á organización da XXVI Volta á Arousa a SUSPENDER A REGATA DE HOXE e pasar a súa celebración ao próximo 31 de Xullo.
Para a ACD Dorna o importante nas regatas é que todas as persoas poidan participar, independientemente da súa mestría no velear, e que todas as persoas participantes gozen da regata, sen medos nen riscos de seguridade. Por iso, aínda que teñamos que pedir desculpas a todas as que contabades coa regata o día de hoxe, cremos que esta é a mellor decisión.
Vémonos os día 31!!
RECTIFICACIÓN: Como está o verán cheo de eventos e regatas, estamos pendentes de dar con unha que non incomode outras actividades xa programadas pola FGCMF.
Comunicaremos nos próximos días a nova data da XXVI Volta a Arousa.
As dornas terán que agardar un mes para dar a volta ao mundo.



