Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

XXVI Volta à Arousa: NOVA DATA

Categoría: regatas
Enviado: 07.07.2010 22:27

Xa temos novas datas confirmadas para a Volta à Arousa e para a Regata do Bao.

A XXVI Volta à Arousa celebrarase o próximo sábado 7 de Agosto. Como xa nos colocamos na metade do verán e a volta é a proba máis longa do calendario, debemos adiantar o seu comezo às 16.00 horas (sen demoras, plis).

Isto obriga tamén a trasladar de día a Regata do Bao, que tiña esa data reservada, pasando a celebrarse o Domingo (atención: do-min-go) 15 de Agosto pola mañá (confirmaremos hora proximamente).

http://acddorna.org/blog/upload/Volta_arousa_cartaz_mini.jpg
Que os ventos nos permitan botar vela arriba!
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

Era visto!

Categoría: fotoló
Enviado: 07.07.2010 22:07

E non foi por non avisar... Dixémolo desde o comezo. Houbo quen por iso nos chamou mixiricas e aghoiros. Pero os riscos estaban aí.

O novo carril-bici que atravesa a praia da Canteira dificulta as actividades da ENT Dorna. A entrada e saída de navegantes do lugar onde gardamos os aparellos choca (nunca mellor dito) coa actividade de ciclistas e paseantes que fan uso do carril.

E avisamos, que a visibilidade non era boa, que hai unha curva perigosa vindo da local de piraguismo, que non hai limitación de velocidade nin aviso de perigo.

E claro, tiña que pasar: chegou o choque!

E o primeiro ciclista do ano comeu un pau de dorna alto como un día sen pan. As aseguradoras non se fan cargo do arranxo dos dentes...

http://acddorna.org/blog/upload/acidente1.JPG
Teremos que comezar unha campaña tipo DGT?
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 06.09.2010 00:57 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous