Enviado: 08.07.2010 17:41
Hai case dous anos, cando participamos na primeira Regata de Porto Meloxo, Uxío divisou semisoterrada como un tesouro, unha embarcación que chamou a súa atención de caza-barcos-raros. Uns meses despois, tras difíciles negociacións levadas a fin con grande discreción, chegou a Vilaxoán a Mari, que para nós pasou a ser María.
A Mari recén desentarrada en Porto Meloxo.

A Mari, coa pintura a medio rascar, xa en Vilaxoán.
Case pasaron dous anos. Con calma e tranquilidade, co traballo de Juan Servando nos seus tempos libres, coa axuda de unhas e outros, A María veu para o Bao este verán a lucir a súa estapa, que a fai diferente ao resto das dornas:
Tocando a auga por vez primeira despois da recuperación.
Que ten de especial a María? Ademais de ser de menor tamaño que as outras dornas, a súa fasquía faise diferente porque non é de escarva, mais de tope. É a nosa dorniña de tope, e non sabemos se algunha outra entidade conserva outra do mesmo tipo (facedénolo saber, se é o caso).

Aquí vese ben a fasquía singular da María.
DATOS DA EMBARCACIÓN
NOME: María
TIPO: dorna de tope
ESLORA: 3.85 metros
MANGA: 1.61 metros
ORIXE: Porto Meloxo, Ogrobe
PROPIETARIA: ENT Dorna, dede Xaneiro 2009.



