Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

Carpintaría de ribeira

Categoría: embarcacións
Enviado: 13.07.2010 21:11

No Bao hai actividades para todos os gustos. Unhas navegamos, outros dan clases, outros triangulan e triangulan para practicar...

...E outros poñen a punto embarcacións para que todos e todas as gocemos. Hoxe tocou preparar unha verga nova para a Irmandiña. Non é que a outra estivera mala (que lle pregunten aos de Lira...), senón que temos vela nova para a dorna máis grande.

A mesa de traballo encheuse de taladros, serras caladoras, cepillos, cables, xente, e nese revoltallo, foi saindo a cousa. De verdade que foi saindo!

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha1.jpg

Cepillando a ximelgha para que encaixe na vergha.

O das gafas de sol non é chulería de machotes: é para evitar serraduras nos ollos. Cumpridores que somos coas normas de seguridade laboral.

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha2.jpg

Ultimando as entallas.

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha3.jpg

Tomando medidas.

http://acddorna.org/blog/upload/ximelgha_nova_irmandinha4.jpg

A vergha é un pau de dorna reutilizado: aforradoriños!

Como podedes comprobar, non invadimos o carril-bici. Realmente somos uns mixiricas: ese carriliño non incomoda nada o traballo da ENT Dorna. Se estamos como queremos...
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Staffan Morling e as dornas

Categoría: embarcacións
Enviado: 13.07.2010 20:33

No blogue de Manolo Gago, Capítulo Cero, podemos ver un vídeo que recolle unha entrevista a Staffan Morling. Nela podemos escoitalo a falar da outra illa, Ons, e da navegación a dorna; as súas palabras están combinadas con imaxes de Ons dos anos '70, época na que el chegou alá para estudar a cultura da illa. Aparece o seu sogro aparellando e mostrando como é a navegación a vela.

http://acddorna.org/blog/upload/travesia_aldan_ons_atracando.jpg
Nós seguimos a visitar Ons coas nosas embarcacións.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 21.12.2014 02:09 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous