Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

"MUROS MIRA O MAR 2010"

Categoría: encontros
Enviado: 15.07.2010 19:53

Celebrouse unha nova edición de Muros mira o mar desta vez a sexta, un ano despois do exitoso Encontro de Embarcacións Tradicionais. As datas foron do 8 ó 12 de xullo e inda que non se poden comparar coa magnitude dos Encontros, son unha forma de reunirse e navegar aquelas embarcacións que poideron achegarse ata Muros.

Un dos barcos que estiveron presentes foi a xeiteira A Canle dos compañeiros de Lira. A mañá que nós chegamos tiveran un percance:a vergha quebrou na travesía dende Lira a Muros.
http://acddorna.org/blog/upload/muros101.JPG

A vergha rompeu por varios sitios debido a que estaba moi seca (velaí a importancia de ter os barcos en contacto co mar)
http://acddorna.org/blog/upload/muros102.JPG


Pero alí estaban Brea ( carpinteiro da canoa Ostreira de Abilleira)e Uxío, que cun eucalipto remediaron o problema.
http://acddorna.org/blog/upload/muros103.JPG

A Javiota, xunto coa Laranha e a Bandalha tamén foron a Muros. Eiquí está a chegada da Jaivotiña con Parada a bordo.http://acddorna.org/blog/upload/muros104.JPG

Mentres a vergha da Canle comeza a tomar forma.
http://acddorna.org/blog/upload/muros105.JPG

Na vila, coa experiencia que da un acontecemento como os Encontros, os muradanos/as volveron a engalanar as súas rúa e escaparates con motivo da festa mariñeira.

Maniquíes-marinheiros
http://acddorna.org/blog/upload/muros107.JPG


Había espectáculos de rúa como un Home-trompo que alucinaba velo.http://acddorna.org/blog/upload/muros108.JPG


O venres día 9, no centro cultural, os organizadores convocaron a unha charla sobre un tri-tema: a Federación, a creación da ENT e máis os museos sobre o mar. Alí estaban para falar Víctor, Uxío e Pablo, presentados por Sendón.http://acddorna.org/blog/upload/muros109.JPG

A tarde era calorosa e non invitaba a encerrarse, inda así había asistencia.http://acddorna.org/blog/upload/muros110.JPG

Xa no sábado había expectación pola nova vergha da Canle, que tal iría?http://acddorna.org/blog/upload/muros111.JPG

A Ostreira da Abilleira saíndo do porto de Muros.http://acddorna.org/blog/upload/muros112.JPG

A xeiteira de Lira e a canoa de Abilleira, elegantes e fermosas.http://acddorna.org/blog/upload/muros113.JPG

A buceta de Muros, lembrades a súa botadura nos encontros?
http://acddorna.org/blog/upload/muros115.JPG

Bea e Laura na Javiota con Uxío no pantalán.
http://acddorna.org/blog/upload/muros117.JPG
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()

A Bandalha en Muros

Categoría: fotoló
Enviado: 15.07.2010 09:14

En aguarda de máis fotos da nosa participación nas VI Xornadas de Cultura Mariñeira de Muros, o retrato da Bandalha feito por Carmela.

http://acddorna.org/blog/upload/bandalha_muros.jpg

Branca-de-Neve a ollarse no espello
Permalink Comentarios (1) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 06.09.2010 00:12 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous