Arousa

Calendario

« Xullo 2010 »
L M M X V S D
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Administrador

Dornas do mundo

Categoría: fotoló
Enviado: 22.07.2010 19:40

Na ENT Dorna vén de ser organizado un grupo de investigación. O seu obxectivo é pesquisar a presenza de dornas no mundo, localizalas e incorporalas a unha base de datos coa finalidade de confirmar (ou non) as teorías carcamanas sobre a orixe desta embarcación.
Porque, a diferencia das teorías de Staffan Morling, na Arousa estamos convencidos de que foi aquí (e non nos países nórdicos ou Esposende), onde a dorna foi inventada.
A súa fasquía e sistema de construción foi levado polo mundo fóra polos atrevidos e intrépidos mariñeiros da Arousa, e non traidos aquí polos normandos.
A primeira parada da pesquisa é outra illa atlántica, a británica, onde a nosa enviada especial deu cos primeiros e exclusivos vestixios:

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas1.jpg
Un da Arousa navegando cara o norte (aínda andabamos coa vela à cruz).

http://acddorna.org/blog/upload/norwich2_dornas2.jpg

Típicos carcamáns invadindo Norwich en embarcación de escarva.
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

RUTA XACOBEA

Enviado: 22.07.2010 13:30

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial ven de organizar xunto a Asociación Rabandeira de Vilanova unha concentración de Galeóns e unha travesía xacobea polo Ulla, tal e como informa a prensa local e a páxina web da Federación.
Como Asociación integrante da FGCMF, nós tamén participaremos coas nosas embarcacións máis emblemáticas, ou sexa, coas grandes e, como non, co galeón "Rei do Mar" que, como din dende a Federación, por falta de axudas institucionais inda non está rematado, mais faremos o esforzo de "presentalo en sociedade" aos demais galeóns para que vaia facendo amigos.


http://acddorna.org/blog/upload/barcos%20G.JPG
"Os barcos grandes"(Foto de Olga)

A concentración é no porto de Vilanova e a saída río arriba está prevista para o sábado 24 ás 10:30 dende o mesmo porto.
@s que esteades interesa@s en participar coas nosas embarcacións aparecerdes por alí ás 10:00.
Armaremos vela.


http://acddorna.org/blog/upload/O%20Rei.JPG
O galeón da ENT, esperando no Vao.
Permalink Comentarios (0) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 06.09.2010 00:29 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous