Arousa

CANTOS SOMOS

Contador amung

Calendario

« Agosto 2010 »
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Administrador

Viaxe a Glasgow 1: a carga.

Categoría: encontros
Enviado: 10.08.2010 09:44

Durante a XXVI Volta à Arousa celebrada o sábado duas preguntas zoaban entre os refachos de vento: que foi da Javiota? Onde anda o Pardavila?

Nunha xogada maxistral da FGCMF para eliminar candidatos à Copa Galicia desta tempada, a Javiota e Larry foron embalados e enviados a Glasgow o venres pasado. Aí os andan, percorrendo Europa dentro dun remolque de quince metros.

A verdade é que non foron sós. Levaron con eles a buceta de Muros, a dorna de tope Nova Maruxa e unha das viguesas gamelas de Jorge. Toda unha representación das diversas tipoloxías de embarcacións tradicionais que temos na Galiza.

http://acddorna.org/blog/upload/carga_glasgow_buceta1.jpg
O trailer preparándose para cargar a buceta de Muros.

http://acddorna.org/blog/upload/carga_glasgow_buceta2.jpg
Primeira dentro!

http://acddorna.org/blog/upload/carga_glasgow_maruxa.jpg
A Nova Maruxa chegou por mar a Cambados.

http://acddorna.org/blog/upload/carga_glasgow_maruxa1.jpg
Segunda!

http://acddorna.org/blog/upload/carga_glasgow_javiota1.jpg
Salva despedíndose da Javiota.

http://acddorna.org/blog/upload/carga_glasgow_final.jpg
Larry escollendo un agocho no remolque para non viaxar en avión.

A carga dos barcos, que fixemos en Cambados, foi a máis rápida da história de Dorna. Comezamos às 9.00 e às 12 estaban as catro embarcacións a bordo. Pena que outros inconvintes atrasaran a saída do camión.

Quen verá os barquiños navegar no difícil mar das Escocias...
Permalink Comentarios (2) Trackbacks ()

Visitas de verán

Categoría: escola
Enviado: 10.08.2010 09:29

A xente da ENT Dorna anda polo mundo adiante a facer amizades. E claro, às veces esas amizades aproveitan o verán para vir de visita e coñecer os locais da escola.
Na ENT Dorna sempre quedamos moi ben, porque somos simpáticos e agradábeis. E no Bao vese actividade e xente aprendendo e xente navegando. Non sabemos se quedan tan ben as institucións galegas (en xeral) polo cutre-luxe das nosas instalacións; mais por ter unha casa pobre non imos deixar de convidar aos amigos de lonxe.

E este xoves veu a delegación irlandesa, das terras de Cork, que coñecimos na Abelleira. Aloxáronse nun camping da zona e adicaron o día a navegar nos seus currachs. Ao Bao chegaron bogando desde o Cantiño.

http://acddorna.org/blog/upload/curraches_bao2.jpg
Unha estraña embarcación achégase à costa.

http://acddorna.org/blog/upload/curraches_bao3.jpg
Bogando entre dornas.

http://acddorna.org/blog/upload/curraches_bao4.jpg
Competindo co currach na gameliña de Dorna.

EDITADO ;)
Permalink Comentarios (5) Trackbacks ()
Powered by sBLOG XHTML 1.0 Strict PHP CSS
Hora local: 21.04.2014 16:41 GMT+1
Version 0.7.3 Beta (Build 20060309)
Powered by sBLOG © 2005 Servous