Enviado: 15.08.2010 11:27
En Millport está a transcorrer o evento Sail and Oar, que organizan a un tempo Galgael e o Proxecto Dorna.
Hai tres actividades paralelas: por unha banda unha delegación do Proxecto Dorna anda a visitar carpintarías de ribeira e estaleiros por toda a costa escocesa; por outra parte, estamos embarcacións de Escocia, Irlanda, Gales, Euscadi e Galiza facendo saídas de navegación pola costa da Illa de Cumbrae; e ademais, no centro da vila, hai unha exposición que mostra o traballo de todas as nacións participantes.

O ferreiro mostrando o seu traballo.

Maqueta de embarcación viquinga.

Xa o coñecemos: é o currach.

Barco escocés e, ao fondo, esquelete de traíña basca.

Sección de fiado e tecido da Galgael.

Redes, nets
E para o final, o grande éxito, o hit parade, da exposición. Ideada e realizada no obradoiro de Aixola, en Marín:

Inflando a piscina...

... e navegando nela con mini-gamelas.
























