Enviado: 18.08.2010 23:52
... e quedáramos no sábado (cousas do acceso a internete).
Como coñecemos xa moi ben as terras escocesas e, por suposto, os seus mares, o patrón maior da actividade non tivo problema en amarrar as embarcacións ben á man, por iso de non ter que falar co da zodiac para ir aos fondeos...
E claro, as mareas son tan vivas en Escocia como no Bao...

Deixamos os barcos en seco para que a xente puidera verlles a obra viva.
Aínda que pareza unha desavantaxe, isto permitiunos vivir o ambiente que se respiraba en terra. Ademais, desta maneira non nos perdíamos (por fin!) o xantar por andar no mar, ou aparellando embarcacións.

No mini-stand da Federación.
AS carpas estaban instaladas no centro da vila, e desde elas podíamos gozar da vida que o bo tempo e o sol daban ás rúas.

Bici colectiva (levaba 8 persoas!) circulando pola man que non é.
E por fin puidemos escoitar un grupo tradicional escocés, onde se oía menos a gaita que as atronantes percusións.

Os famosos membros da Traditional Navigation School of Dorning.

Nas carpas había moito ambiente.
Participamos no campionato mundial de soca-tira, que gañaron os bascos despois de derrotarnos nunha longa e disputada... semifinal. Non hai fotos porque a blogueira tamén turraba da corda.
Estabamos moi contentos porque desta vez non nos perdíamos a comida. Ai, grandes esperanzas... pois o domingo non había. Tocaron bocatas no parque.

Como beber na rúa está proh¡bido, houbo quen tomou bocata de viño.



