Enviado: 19.08.2010 00:52
Para o luns só quedamos na illa de Cumbrae o voluntariado de Galgael e algunhas tripulacións para recoller material e mover os barcos. O día naceu con nubes e gris, como seique habitualmente son os días escoceses, pero mismamente parecía que naceu triste porque nós tiñamos que marchar.

Seca no porto de Millport.
Desta vez, e por medo á calma podre das mañás, voltamos a Largs de remolque, en vez de ir veleando.

Preparando as embarcacións, de grande a pequena.

Nunha banda as galegas, noutra as bascas.
Chegados ao porto deportivo de Largs, tocou a operación do primeiro día pero ao revés: veña a cargar os barcos no tráiler para que voltaran à casa.

Desta vez, a traíña basca foi a primeira en encamionar.

A Nova Maruxa seguindo o ronsel da buceta.

A gamela Lui decidindo en que embarcación repousar.
Ao final, a carga levounos menos tempo do contado e fomos paseando até o ponto de encontro co grupo basco. A camiñada era por un paseo que une o porto deportivo coa vila de Largs, sempre a rente do mar e sempre entre xardíns e flores.

Campo de golf a pé de praia. Ao fondo, a illa de Cumbrae.
Como xa estamos afeitos, outro día xantamos bocatas, e outro día fixemos maghas para ganarlle a partida às leis escocesas.

Bea bebendo unha rica bolsa de patacas à cervexa.
Xa en Glasgow, instalados no hotel, puidemos adicar un cacho da tarde a facer turismo e coñecer a cidade (a buscar onde cear a fartar, en realidade).

Paponeando diante da estación do tren.

Asemblea para localizar un restaurante que non fose o madonals.










